Programación
-
08:00 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA 139
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
09:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 25.03.2023
Presenta Chus Tanoira. -
10:30 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). -
10:55 h
INIMITABLES: Estas si que pican!
Presentado por Arturo Fernández, o programa conta coas mellores formacións galegas, achega conversas cos músicos e cantantes sobre curiosidades das letras das cancións que interpretarán, a maneira en que adaptaron os temas ou divertidas anécdotas. Hoxe terán que interpretar os grandes éxitos dun xénero musical moi curioso: As cancións picantes. No repertorio tradicional existen grandes éxitos coma o Caneco, o Sancristán de Coimbra ou Arremánghate María, pero tamén hai composicións máis recentes coma os Bist -
12:30 h
LABRANZA: LABRANZA 1655
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
13:15 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 25.03.2023
Presenta Chus Tanoira. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:20 h
NO FOCO: NO FOCO 25.03.2023
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
15:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.03.2023
-
15:45 h
CARBALLEIRA: CARBALLEIRA 4 33
María Mera percorre Galicia con ‘Carballeira’, un programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. -
17:45 h
CORREMUNDOS: Finlandia vs Galicia
Espazo que percorre Europa e Centroamérica facendo unha fotografía do mundo globalizado e amosando as diferenzas entre distintos profesionais en Galicia fronte aos doutras partes do mundo. 'Corremundos' visita esta semana Finlandia para saber como se traballa a madeira en terras nórdicas, en contraposición a Galicia. Os espectadores tamén descubrirán por que o sistema educativo finés é un dos máis admirados do mundo. -
19:45 h
COA LUZ DO CORAZÓN: PASEANDO POLA CULTURA MARIÑEIRA
Programa que presenta a oportunidade de coñecer outra realidade moi distinta á habitual: a das persoas invidentes. Corina Mañá, cega de nacemento, será a protagonista encargada de vivir situacións pouco habituais para ela e transmitir as súas sensacións para achegarlles aos espectadores á súa realidade. -
20:25 h
MALICIA NOTICIAS
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 25.03.2023
-
21:50 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES VII 446
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. -
22:00 h
BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXI 419
Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. -
00:45 h
CLAC: CLAC 86
Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior. ***** -
01:45 h
A ESMORGA
Crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van pechando portas tras de si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal e coma se adrede camiñasen cara á súa perdición. A película ten tres protagonistas principais: Cibrán, Milhomes e o Bocas. O primeiro relata ante un xuíz as 24 horas de borracheira que paso xunto cos outros dous personaxes. Durante esta festa, os tres amigos montan un g -
03:25 h
A MOZA DA TARDIÑA
Despois de pasar toda unha vida traballando sobre os escenarios, Hugo foi parar a un asilo destinado a actores veteranos. Nesta institución coñece a Renata, unha fermosísima moza de 18 anos que traballa como camareira. A pesar da súa xuventude, a moza sufriu demasiados acosos por parte dos homes, pero o maduro Hugo está decidido a non ser un máis. -
05:20 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
05:55 h
VALDERREI: VALDERREI 26
Serie. Henrique confésalle ao seu amigo Miguel que lle pegou a Isa. -
06:30 h
VALDERREI: VALDERREI 27
Serie. Isa recibe a visita de Alicia por sorpresa. A Nuria non lle gusta e non entende que ela e Isa sexan amigas. -
07:15 h
VALDERREI: VALDERREI 28
Serie. Marga está celosa e decide seguir ao seu marido.