CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Almudena R. de Urzáiz e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.
  • 10:30 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

  • 10:35 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". Ana Díaz Cortés e María José Lorenzo presentan senllos libros no programa, un traballo para concienciar sobre o alzhéimer e unha biografía da infanta Cristina.
  • 12:00 h

    A BÓLA EXTRA

    A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Octavio Villazala.
  • 12:30 h

    ESTACHE BO!: Ensalada caldosa de lagostinos e mango

    Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
  • 13:00 h

    ESTACHE BO!: Tortilla de repolo e touciño

    Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
  • 13:30 h

    ATMOSFÉRICOS: ATMOSFERICOS 27.01.2023

    Programa diario sobre meteoroloxía presentado por Sevi Martínez. Aborda de luns a venres a actualidade do clima, o medioambiente, o cambio climático e as súas consecuencias, así como os asuntos relativos aos sectores primarios directamente dependentes do tempo.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presenta Marta Darriba.
  • 15:15 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 27.01.2023

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:30 h

    O TEMPO

  • 15:40 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XI 640

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 19:00 h

    AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 86

  • 19:10 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA 98

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 21:40 h

    O TEMPO

  • 21:50 h

    LUAR: LUAR 1338

    Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Lucía Pérez e Charo Reina serán dúas das actuacións desta noite. O programa dos venres contará tamén con The Lucky Duckies, a histórica banda de música Unión de Guláns e o grupo Tania Veiras.
  • 01:30 h

    TWICH APAGA O CANDIL: TWICH APAGA O CANDIL 3

  • 04:30 h

    TERRA DE MIRANDA: O remuíño

    Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío. Alfonso segue escribindo as súas memorias, e no capítulo que lle ocupa, relata "a súa versión" do acontecido no río cando dí que salvara a Amador arriscando a súa propia vida.
  • 05:30 h

    TERRA DE MIRANDA: Instinto vocacional

    Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío. Mingos, Suso e Metralla debaten sobre o pouco éxito que teñen coas mozas e Metralla acaba botándolle a culpa á liberación da muller.
  • 06:30 h

    TERRA DE MIRANDA: O maletín

    Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío. Emilio confunde a don Amador coa Santa Compaña, e ante o medo de que a morte chame a súa porta, persegue a Reme para ter un fillo e deixar un herdeiro. Bea comunícalle a súa nai que vai estudiar veterinaria en Lugo.
  • 07:55 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.