CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:15 h

    LARPEIROS: Festa dos embutidos

    Receitas de pratos tradicionais galegos e de temporada. O chourizo é o ingrediente estrela da nova cita dos “Larpeiros” na Televisión de Galicia. Hoxe toca un guiso de costela de porco con patacas e chourizo.
  • 08:55 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 26.11.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Os espectadores de ‘Zigzag’ poderán achegarse a ‘Rewind’, a nova novela do xornalista e escritor ourensán Juan Tallón.
  • 10:55 h

    48 HORAS PARA O SI: Trini e Michael

    Programa de telerrealidade, presentado pola actriz Iolanda Muíños, que retrata en 48 horas unha petición de man e a organización dunha voda sorpresa, no caso dunha resposta favorable. Cansa de pospoñer a súa unión, Trini organízalle esta noite a Michael unha voda sorpresa en '48 horas para o si'. Para organizar todos os preparativos en dous días, contará coa axuda da presentadora, Iolanda Muíños, dos asesores do programa e do seu irmán, Abraham.
  • 12:35 h

    LABRANZA: LABRANZA 1641

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:20 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 26.11.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    NO FOCO: NO FOCO 26.11.2022

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 15:45 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.11.2022

  • 15:50 h

    CARBALLEIRA: CARBALLEIRA II 18

    María Mera percorre Galicia con ‘Carballeira’, un programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. 'Carballeira' instala esta tarde o seu estudio en Cerdedo-Cotobade, onde probará o seu famoso requeixo e contará coa música de Lucía Pérez.
  • 18:05 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Fisterra

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. A vila de Fisterra recibe este sábado a visita do programa 'Sen Código Postal'.
  • 19:15 h

    GALICIA DE 20 A 20: Etapa 5: Buño-Sada

    A TVG segue con este programa os pasos de Ruth Matilda Anderson, a fotógrafa americana que nos anos 20 do século pasado percorreu toda Galicia e capturou preto de 7.000 imaxes fundamentais para entender quen somos. Cen anos despois, a actriz e directora Sonia Méndez, xunto coa fotógrafa Leticia T. Blanco, viaxarán pola Galicia dos nosos anos 20 para mirarse no espello da cámara de Ruth Matilda. 'Galicia de 20 a 20' chega esta semana ao ecuador do seu percorrido coa etapa Buño-Sada.
  • 20:05 h

    TAL COMO SOMOS: TAL COMO SOMOS II 18

    Programa documental que amosa como cambiou Galicia nas últimas décadas, como é hoxe en día e como constrúe o seu futuro. A evolución dos medios de comunicación en Galicia nos últimos 200 anos, hoxe no espazo 'Tal como somos'.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 26.11.2022

  • 22:05 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES VI 371

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Cinco novos concursantes preséntanse no 'Atrápame se podes' con gana de pasalo ben e de intentar conseguir un bote que comeza a semana en 63.000 €. Soraya, de Betanzos; Martín, de Vigo; Rosa, de Vilagarcía; Brais, de Bergondo, e Ana, do Barco, viven a súa primeira experiencia no programa.
  • 22:45 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXX 406

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. O artista sevillano Falete, convidado estrela no 'Bamboleo' deste sábado. O programa tamén contará coa actuación conxunta de dúas estrelas da verbena galega, Ángel Hasewaga e Ángel Sevilla, e da orquestra Los Players.
  • 01:30 h

    CLAC: CLAC 69

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.
  • 02:15 h

    MARÍA SOLINHA

    Un afamado director chega a Cangas do Morrazo para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista sofre, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu Solinha no seu tempo.
  • 04:15 h

    ALMA PERDIDA

    Tino, un rapaz de 19 anos, chega a Venecia para vivir na vella e estraña mansión dos seus tíos, o enxeñeiro Fabio Stoiz e Elisa, e ir a clases de arte. Unha noite esperta co son dun piano. É ‘Para Elisa’, de Beethoven, tocada por unha man inexperta, como se fora a dun neno. Incluso durante o día escoita sons raros. Annetta, a vella sirventa, descubriralle o ‘secreto’ misterioso oculto na mansión.
  • 06:05 h

    GALICIA DE 20 A 20: Etapa 5: Buño-Sada

    A TVG segue con este programa os pasos de Ruth Matilda Anderson, a fotógrafa americana que nos anos 20 do século pasado percorreu toda Galicia e capturou preto de 7.000 imaxes fundamentais para entender quen somos. Cen anos despois, a actriz e directora Sonia Méndez, xunto coa fotógrafa Leticia T. Blanco, viaxarán pola Galicia dos nosos anos 20 para mirarse no espello da cámara de Ruth Matilda. 'Galicia de 20 a 20' chega esta semana ao ecuador do seu percorrido coa etapa Buño-Sada.
  • 06:50 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 07:30 h

    LARPEIROS: Un día na horta

    Receitas de pratos tradicionais galegos e de temporada. Hoxe, da horta ao prato, os larpeiros propoñen unhas saborosas receitas para cociñar as verduras. O menú de primeira desta noite inclúe Verduras con salsa de améndoas e secreto de porco e Quiche de porros e gambas