Programación
-
08:30 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
09:00 h
BOS DÍAS
Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez. -
10:00 h
ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 197
O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores. -
10:25 h
QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen anda aí?', que presentan Eva Iglesias, Fran Cañotas e Marcial Mouzo. -
12:35 h
A REVISTA
Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". O magazine conversa coa artista Hydn, aspirante ao Benidorm Fest, fala con atletas galegos destacados e propón percorridos arqueolóxicos por Pobra do Brollón. -
13:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA
Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez. -
15:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 09.08.2022
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
15:35 h
O TEMPO
-
15:45 h
en emisiónQUEN ANDA AÍ? VERÁN
Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen anda aí?', que presentan Eva Iglesias, Fran Cañotas e Marcial Mouzo. -
18:55 h
QUEN CANTA AQUÍ?: QUEN CANTA AQUÍ? 31
Espazo que percorre Galicia e convida o público a competir cantando en formato karaoke. Presentan os recoñecidos cantantes de orquestras César Romero e Laura Añón, que achegarán a súa simpatía, talento e coñecemento de primeira man do mundo do espectáculo. -
19:50 h
FESTIGALIANDO
Programa festeiro, que dá mostra dos concertos que hai no verán galego, achegándose a súa música e ambiente. O trouleiro programa foi testemuña do ambiente e a música que se gozaron no arranque das festas de María Pita, co concerto de James Blunt na cidade herculina. -
20:25 h
TELEXORNAL SERÁN
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva. -
21:45 h
O TEMPO
-
22:00 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES V 293
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do programa segue medrando e acumula 47.400 €. Co obxectivo de gañalo participan Joel, de Culleredo; Lala, de Vigo; Daniel, de Ourense; Marta, da Coruña, e Fran, de Ames. -
22:35 h
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 26
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Tras a marcha do seu avó, Noa toma hoxe a decisión de volver a Bilbao co seu mozo Gorka, non sen antes molestar a Raúl con insinuacións sobre a súa paternidade. -
23:15 h
CASAMOS: A historia de amor de Silvia e Iván
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verase a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Un amor xuvenil, o de Silvia e Iván, inaugura hoxe unha nova temporada do -
00:25 h
CASAMOS!: A historia de amor de Rocío e Iago
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse ao programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. O programa asiste esta semana a unha voda medieval en Vigo, a de Rocío e Iago. A súa historia é un bo exemplo de como o amor chega moitas veces no momento máis inesperado. -
01:30 h
Un italiano en Noruega
Narra as peripecias dun funcionario dunha administración provincial, con 15 anos de servizo, que se dedica á rutinaria pero cómoda tarefa de expedir as licenzas de caza a pesca. Vive feliz na casa dos seus pais, mimado pola súa nai e cunha noiva coa que non ten intención de casar nin de ter fillos. Pero o seu mundo derrúbase cando o Estado decide eliminar as provincias. Antes que recibir unha indemnización e buscar outro traballo, o protagonista acepta varios traslados a rexións remotas de Italia e, finalme -
02:50 h
TELEXORNAL SERÁN
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva. -
03:50 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1823
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. -
04:05 h
LABRANZA: LABRANZA 1600
Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
04:35 h
MAREAS VIVAS: Por quen soan as campás?
Portozás será sacudido por outro acontecemento que irrompe de xeito sensible na vida dos veciños, cando chega un representante do bispado para comunicarlle ó crego, don Amancio, a intención de cambialo por outro crego. -
05:30 h
MAREAS VIVAS: Amigo e amiga
Petróleo recibe a visita en Portozás, dun antigo compañeiro de barco que se sometera a unha operación de cambio de sexo convertíndose en Vanessa. Esta nova situación incomódalle, pero ó final acepta a realidade tras reflexionar con Berta. -
06:30 h
MAREAS VIVAS: Celtas de Portozás
Cumprindo a tradición o concello de Portozás prepara a súa festa no Castro de Puntazás: trátase dunha representación que conmemora a batalla entre as tribos celtas de Portozás e Cormelle, que supuxeran a fundación da vila. -
07:25 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ
-
07:30 h
TELEXORNAL SERÁN
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.