CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    VIVIR AQUÍ: O Copernicus

    Programa de reportaxes.
  • 08:10 h

    VIVIR AQUÍ: Volver empezar

    Programa de reportaxes.
  • 08:15 h

    A PARELLA. INSTRUCIÓNS DE USO: Ten idade o amor?

    A parella. Instrucións de uso formulará preguntas que todos nos facemos pero que non nos atrevemos a responder e buscará a resposta naqueles sitios onde a xente fala sen complexos: os talleres, os salóns de peiteado...
  • 08:30 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: Benito Blanco

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. O programa viaxa hoxe a Bos Aires para coñecer o empresario lalinense Benito Blanco.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 27.11.2021

    Presenta Almudena R. de Urzáiz.
  • 10:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. O director de Culturgal dá a coñecer en 'ZigZag' a programación da Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra.
  • 10:55 h

    O SON DA RIBEIRA: Fisterra

    Programa que pretende poñer en coñecemento da audiencia todo o tesouro musical da cultura mariñeira. Neste espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, as agrupacións musicais do mundo do mar presentarán a súa música, ao tempo que se fará visible a relación desta música cos diferentes traballos do mar.
  • 11:30 h

    QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA: QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA 12

  • 12:25 h

    LABRANZA: LABRANZA 1603

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:15 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 27.11.2021

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    en emisión

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    VIVIR AQUÍ: Mestres de presente e futuro

    Programa de reportaxes. O programa estará hoxe coas mestras e mestres galegos recoñecidos nos Premios Educa, que valoran a excelencia do profesorado.
  • 15:40 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.11.2021

  • 15:45 h

    SABADEANDO: SABADEANDO II 22

    Programa en directo para encher de diversión as tardes dos sábados da Televisión de Galicia con música, xogos, humor, emocionantes imaxes de arquivo e conexións en directo, achegando á casa dos espectadores as mellores festas, sorpresas e historias do máis curiosas. Presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz. En directo desde Riós, Tui e Vigo, o programa descubrirá os segredos de lonxevidade dos nosos centenarios e coñecerá os proxectos da orquestra Panorama.
  • 18:45 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Cea

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Na súa visita a San Cristovo de Cea, o carteiro do programa coñecerá o mosteiro de Oseira e aprenderá a facer o seu famoso pan.
  • 19:45 h

    LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 25

    Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. O programa coñecerá hoxe de primeira man en Pontevedra e Vigo como son os oficios de panadeiro, camareiro e cociñeiro.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 28.11.2021

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 111

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Comeza unha nova xeira no 'Atrápame se podes' e os tripulantes desta semana son: Julia, de Viveiro; Teresa, de Cambados; Isabel, de Vigo; Fernando, de Ames, e Alfonso, de Ourense. Algún deles levará o bote, que xa está nos 13.000 euros?
  • 22:40 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXVII 362

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. 'Bamboleo' conta hoxe coas actuacións de Sabela Ramil e Nyno Vargas. Os ritmos da verbena chegarán da man da orquestra La Ocaband, mentres que a exhibición de baile correrá a cargo do grupo de danza de Vigo Grow as Ohana.
  • 01:15 h

    QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA: QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA 12

  • 01:50 h

    ALMAS SEN CONCIENCIA

    Tres estafadores que operan en Roma, Augusto, Roberto e Picasso, preparan un golpe coa axuda doutro timador, coñecido co sobrenome de ‘O Barón’. Este agárdaos nunha solitaria estrada para entregarlles as instrucións. O trío chega a unha casa de campo onde, aproveitándose da boa fe dunhas pobres mulleres, lle estafan preto de medio millón de liras.
  • 03:20 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Mentres Emilio se enfronta a un traficante panameño para salvar o seu pai, Sara ten serias sospeitas de que Amancio volve enganala con outra muller.
  • 04:30 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. As eleccións á presidencia da Asociación de Empresarios volven poñer fronte a fronte a Emilio e Carlos. Á vista dos apoios que está a conseguir o primoxénito dos Pardo Veiga, Carlos non dubida en radicalizar a súa campaña. Emilio, pola súa parte, coñece unha familia de viñateiros que lle devolverá a ilusión que perdera desde a súa marcha do pazo.
  • 05:30 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Neste capítulo, desvélase a relación de Suevia cos Pardo Veiga e vai ser moito máis próxima do que moitos imaxinan. Tanto que Emilio, ao coñecer a verdade, decide deixar a campaña electoral.
  • 06:35 h

    A PARELLA. INSTRUCIÓNS DE USO: Ten idade o amor?

    A parella. Instrucións de uso formulará preguntas que todos nos facemos pero que non nos atrevemos a responder e buscará a resposta naqueles sitios onde a xente fala sen complexos: os talleres, os salóns de peiteado...
  • 06:55 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 27.11.2021

    Presenta Chus Tanoira.