Programación
-
08:30 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
09:00 h
BOS DÍAS
Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez. -
10:00 h
ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 199
O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores. -
10:25 h
QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen anda aí?', que presentan Eva Iglesias, Fran Cañotas e Marcial Mouzo. -
12:35 h
A REVISTA
Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". O magazine coñece hoxe a feira itinerante ‘Un mercado en cada porto’, que reivindica o labor das mulleres artesás da nosa terra. -
13:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA
Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez. -
15:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 11.08.2022
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
15:35 h
O TEMPO
-
15:45 h
en emisiónQUEN ANDA AÍ? VERÁN
Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen anda aí?', que presentan Eva Iglesias, Fran Cañotas e Marcial Mouzo. -
18:50 h
QUEN CANTA AQUÍ?: QUEN CANTA AQUÍ? 33
Espazo que percorre Galicia e convida o público a competir cantando en formato karaoke. Presentan os recoñecidos cantantes de orquestras César Romero e Laura Añón, que achegarán a súa simpatía, talento e coñecemento de primeira man do mundo do espectáculo. -
19:50 h
É HORA DE FESTA: Bonito de Burela
Programa fresco e divertido que percorrerá durante este verán unha vintena de festas gastronómicas e patronais galegas. O espazo amosará como se viviu a multitudinaria 36 edición da Feira do Bonito de Burela, en que se repartiron uns 3.500 quilos do prezado peixe. -
20:25 h
TELEXORNAL SERÁN
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva. -
21:45 h
O TEMPO
-
22:00 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES V 295
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O espazo presentado por Paco Lodeiro chega ao último día da súa particular semana con 47.800 € no bote. Joel, de Culleredo; Lala, de Vigo; Daniel, de Ourense; Marta, da Coruña, e Fran, de Ames, tratarán de conseguilo na súa última participación. -
22:35 h
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 28
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Raúl non cre o engano de Mónica e Adela sobre o incidente con Abel. Se as súas sospeitas son certas poderían arruinarlle a vida a un home inocente. Elas teñen todo o seu favor, informe médico incluído. Elba -
23:10 h
LAND ROBER SUMMERTIME: LAND ROBER SUMMERTIME 7
Divertida edición de verán do 'Land Rober Tunai Show', con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e os colaboradores habituais do programa. Os artistas Javier Veiga, Pili Pampín, Nerea Garmendia, Antonio Garrido e Pedro Barroso, protagonistas hoxe no 'Land Rober Summertime'. Entre outros momentos divertidos, os espectadores verán unha nova aventura de Dosinda no rural, desenvolverase unha reunión contra o cambio climático entre Portugal e España e xogarase a ‘Pibón ou tripón?’ -
00:25 h
MALICIA NOTICIAS SUMMERTIME: MALICIA NOTICIAS SUMMERTIME 7
Arturo Fernández, Lucía Veiga, Pepe Capelán, Noelia Rey, Brais Doval, Oswaldo Digón, Rocío Candal, Belén Vara e Antonio Mosquera, protagonistas desta edición de verán do ‘Malicia Noticias'. -
00:50 h
ERA VISTO!
Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar. -
01:20 h
IT
Cando empezan a desaparecer nenos na localidade de Derry (Maine), un grupo de amigos lida cos seus maiores medos ao enfrontarse cun malvado pallaso chamado Pennywise, cuxa historia de asasinatos e violencia data de séculos. -
03:20 h
TELEXORNAL SERÁN
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva. -
04:25 h
VIVIR AQUÍ: Canto subirá o mar en Galicia
Programa de reportaxes. -
04:40 h
MAREAS VIVAS: Santa Compaña
Mónica, antiga noiva do xuíz Andrés, visita a vila para presentar o novo proxecto de porto xunto a Industrias Lancaster, pero, tralo encontro coa alcaldesa, todo se irá abaixo ó descubrirse que a empresa foi denunciada con anterioridade. -
05:35 h
MAREAS VIVAS: Celos
A vida de Portozás cobra un novo rumbo coa chegada da adiviña Artemisa, que intenta cambiar a vida de Ladislao anunciándolle o encontro cunha muller loira, que resulta ser algo máis ca unha premonición... -
06:30 h
MAREAS VIVAS: Tango
Portozás convértese no plató do programa da TVG 'Téquelexou', provocando un gran rebumbio para elixir a parella representante da vila que irá concursar. -
07:25 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ
-
07:30 h
TELEXORNAL SERÁN
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.