CRTVG

Buscar

Programación

  • 07:20 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. 'Zigzag' entrevista a Alfonso Penela, premio Gran de Area de arquitectura, e visita en Pontevedra a exposición ‘O universo de Xaime Quessada’.
  • 07:45 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

  • 07:50 h

    DESCONEXIÓNS INFORMATIVOS SERÁN: DESCONEXIÓNS INFORMATIVOS SERÁN 02.12.2020

  • 08:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista a Luís Garicano, eurodeputado por Ciudadanos. Nos faladoiros do programa participarán Juan Carlos Piñeiro, María Méndez, Luís Pérez e Julián Rodríguez.
  • 11:20 h

    ESTACHE BO: Guiso de borraxe con lentellas

    Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
  • 11:50 h

    VIVIR AQUÍ: Paso o verán nun cámping

    Programa de reportaxes. Os espectadores de ‘Vivir Aquí’ verán hoxe como as rodaxes audiovisuais se adaptan a estritas medidas de seguridade sanitaria.
  • 12:00 h

    A BÓLA EXTRA

    A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Paco Lodeiro desde o estudio 150.
  • 12:30 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". 'A Revista' debate hoxe sobre a excelencia das carnes galegas.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 15:25 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.12.2020

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:40 h

    O TEMPO

  • 15:50 h

    QUEN ANDA AÍ?

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez, que recibe cada día os mellores expertos científicos e sanitarios do país e entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 18:35 h

    FUN POLO AIRE: FUN POLO AIRE VIII 453

    Magazine de proximidade, onde os verdadeiros protagonistas son os galegos e galegas de a pé co fin de demostrar que Galicia está más próxima e viva ca nunca. Presenta Susana López.
  • 19:55 h

    ESTACHE BO: Potaxe de asa de cántaro con costela

    Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Carlos Amado e Raquel Domínguez. Antonio Mosquera encárgase da información deportiva.
  • 21:45 h

    O TEMPO

  • 21:55 h

    MALICIA NOTICIAS

    Programa comandado por Arturo Fernández, e formado tamén por Noelia Rey, Pepe Capelán, Lucía Veiga e Brais Doval, que lle dá unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 22:30 h

    OS CASTROS: A romanización

    Serie documental, presentada por Alba Mancebo e dirixida por Xosé M. Vega, que ofrece unha visión global e divulgativa do que significou a cultura castrexa en Galicia. 'Os Castros' abordará hoxe a romanización e o fin da cultura castrexa. Os espectadores saberán como eran antes as relacións con Roma, cales foron as razóns da conquista e a súa cronoloxía, como foi a adaptación e como se produciu o abandono destas construcións.
  • 23:00 h

    CASAMOS: A historia de amor de Laura e José Manuel

    As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. A historia de Laura e José Manuel, os primeiros protagonistas desta noite do programa 'Casamos!’, é a de dous bergantiñáns marcados polo destino. Aínda que foron veciños durante case toda a súa vida, non foi ata que el emigrou a Suíza cando se coñeceron. As súa
  • 00:00 h

    CASAMOS: A historia de amor de Esther e Jorge

    As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Do mesmo xeito que moitas parellas actuais, Esther e mais Jorge, a segunda parella da noite coñecéronse a través de Internet. El chegou á vida dela no momento en que Esther máis o precisaba e, ante a posibilidade de perdela, el seguiuna ata Zaragoza para estable
  • 00:55 h

    AS AVENTURAS DE JEREMIAH JOHNSON

    Canso de vivir no val, Jeremiah Johnson lánzase á aventura da vida na montaña. Mal pescador e inexperto cazador, pasa o primeiro ano xunto a un vello e estrafalario cazador de osos, con quen leva a cabo a súa aprendizaxe, co obxectivo de comezar a súa andaina en solitario. Axiña, Jeremiah será popular entre as tribos de indios da contorna e comerciará con peles e abelorios acadando unha sona por poucos alcanzada.
  • 02:40 h

    A SÍNDROME CACARECO. A VERDADE Á CARA

    Iago é un mozo con síndrome de Down cuxa maior ilusión é presentarse ás eleccións. Para cumprir o seu soño terá que enfrontarse aos intereses de moitas persoas, incluída a súa propia nai. A súa é unha familia desestruturada en que cada membro ten un papel fundamental. Dani é o fillo menor, un mozo que se atopa un pouco perdido e que quere ser actor. Ten unha relación distante co seu irmán Iago, co que aos poucos irá simpatizando.
  • 04:00 h

    ESTACHE BO: Guiso de borraxe con lentellas

    Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
  • 04:30 h

    VIVIR AQUÍ: Paso o verán nun cámping

    Programa de reportaxes. Os espectadores de ‘Vivir Aquí’ verán hoxe como as rodaxes audiovisuais se adaptan a estritas medidas de seguridade sanitaria.
  • 04:45 h

    QUEN ANDA AÍ?

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez, que recibe cada día os mellores expertos científicos e sanitarios do país e entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.