Concursos
Sorteo dunha cunca e unha axenda no Instagram de @G24Noticias
A CRTVG organiza un sorteo para os seguidores da conta de Instagram de G24.gal (@g24noticias) en que o premio son 1 cunca e 1 axenda 2020 da TVG.
Para participar no sorteo, é preciso ser seguidor da conta de G24 noticias en Instagram e ademais facer un comentario mencionando tres amizades (tres usuarios de Instagram) na publicación onde se anuncia o sorteo, e indicar unha noticia destacada do 2019.
Non poderán participar nin empregados da CRTVG nin os seus familiares, nin perfís fraudulentos.
A data límite para a recepción de comentarios será o xoves 19 de decembro ás 23.59. Os gañadores daranse a coñecer o día 20 nos instagram stories na conta de @g24noticias.
O sorteo farase mediante unha aplicación informática entre todos os usuarios que participaron no concurso e que cumpriron cos requisitos solicitados.
Esta promoción é unha iniciativa da CRTVG e non está patrocinada, nin asociada nin administrada con Instagram/Facebook.
A CRTVG queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos premiados que impedisen a súa identificación.
A CRTVG resérvase o dereito a facer cambios que sirvan para que o concurso se realice de forma xusta en caso de motivos de forza maior que impidan que se efectúe na forma que recollan estas bases.
A CRTVG tamén quedará exenta de toda responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o desfrute do premio.
Protección de datos
Consulte a nosa política de privacidade nesta ligazón.