CRTVG

Buscar

Concursos

Sorteo de 6 abonos completos para o Resurrection Fest de Viveiro

A CRTVG organiza un sorteo para os seguidores da conta de Instagram da Televisión de Galicia (@tvgalicia) en que o premio son 6 (abonos) abonos completos individuais para o Resurrection Fest, que se desenvolverá en Viveiro do 11 ao 14 de xullo de 2018.

Para participar no sorteo, é preciso ser seguidor da conta da TVG en Instagram (@tvgalicia) e ademais facer un comentario mencionando dúas amizades (dous usuarios de Instagram) na publicación onde se anuncia o sorteo.

Non poderán participar nin empregados da CRTVG nin os seus familiares, nin perfís fraudulentos. Non hai límite de idade para participar, pero os menores de 18 anos deberán ter en conta a restricións de acceso que poida acordar a organización do evento e que non son responsabilidade da CRTVG. 

A data límite para a recepción de comentarios será o luns 25 de xuño ás 10.00. Os gañadores daranse a coñecer ese mesmo día nos instagram stories na conta da TVG.

O sorteo farase mediante unha aplicación informática entre todos os usuarios que participaron no concurso e que cumpriron cos requisitos solicitados. 

Esta promoción é unha iniciativa da CRTVG e non está patrocinada, nin asociada nin administrada con Instagram/Facebook.

A CRTVG queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos premiados que impedisen a súa identificación.

A CRTVG resérvase o dereito a facer cambios que sirvan para que o concurso se realice de forma xusta en caso de motivos de forza maior que impidan que se efectúe na forma que recollan estas bases. 

A CRTVG tamén quedará exenta de toda responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o desfrute do premio.

Protección de datos

Consulte a nosa política de privacidade nesta ligazón.