CRTVG

Buscar

Concursos

Modificación das bases do concurso "Pregunta-Luar" do programa Luar da CRTVG

MODIFICACIÓN DAS BASES DO CONCURSO  PREGUNTA-LUAR DO PROGRAMA “LUAR” DA CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, SA

 

A partir do programa “Luar” do venres 3 de abril de 2020 e mentres dure a declaración do estado de alarma establecida polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, modifícanse as bases do concurso nos seguintes puntos: 

Mecánica do concurso

Se algún dos teléfonos seleccionados non contesta pasarase ao seguintes da lista ata que alguén conteste ou remate o tempo estimado para o concurso. O tope de tons de chamada será de 5. 

Premios

Cada participante/chamada optará a un premio mínimo de 500€. A esta cantidade acumularáselle o importe (bote) das chamadas anteriores que optasen a concursar e que respostasen incorrectamente, tanto nese programa como, de ser o caso, nos anteriores. 

O importe máximo destinado ao concurso cada semana será de 2000 euros, ben sexa para os concursantes que acerten as preguntas ou para acumular para o bote do seguinte programa.

En todo o non modificado por este documento, o concurso réxese polo establecido nas bases de data 9 de setembro de 2019.

 

 

Santiago de Compostela, a 1 de abril de 2020