CRTVG

Buscar

Concursos

Bases legais "Momentos Luar"

Bases legais da participación no álbum "Momentos de Luar"

Termos e condicións 

1. ENTIDADE ORGANIZADORA 

CRTVG no seu programa LUAR levarán a cabo un chamamento nas redes sociais para que se envíen fotos que se desenvolverá conforme ao establecido nas presentes bases. A participación levará implícito aceptar as seguintes bases legais.

2. PLATAFORMA DE PARTICIPACIÓN E VIXENCIA 

A promoción desenvolverase entre o 1 de decembro a partir das 14:00 horas ata as 15:00 horas do 25 de xullo de 2017. A recolleita de fotos terá lugar nas contas oficiais de Twitter, Facebook e Instagram así como a través do enderezo electrónico do programa fotos.luar@crtvg.es .

3. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN e MECÁNICA DA PROMOCIÓN 

Poderán participar nesta promoción:   

  • As persoas físicas 
  • Maiores de 18 anos 
  • Con residencia legal en España 
  • Que envíen imaxes relacionadas co programa Luar
  • Que manden imaxes realizadas no plató de Luar ou nalgunha das instalacións onde se levaran a cabo actividades que tiveran que ver co programa
  • Buscamos imaxes relacionadas cos 25 anos de Luar. Fotografías de agrupacións que participaran, grupos que actuaran, xente que estivera de público, imaxes co presentador, con algún dos seus colaboradores, etc..
  • Ditas imaxes pasarán a formar parte do arquivo de Luar podendo ser emitidas e difundidas a través de calquera emisión e redifusión do programa Luar.

A participación nesta iniciativa non ten adherido ningún premio en metálico nin gratificación algunha. Ao enviar as imaxes, o participante está aceptando todo o contemplado nestas bases legais, por tanto, o envío de imaxes pode levar implícito a emisión, difusión e reprodución das fotografías recibidas.

4. UTILIZACIÓN DO NOME DOS GAÑADORES E COMUNICACIÓNS RELACIONADAS CON ESTA PROMOCIÓN 

Os concursantes da promoción consenten expresamente que LUAR poida utilizar as fotografías recibidas, o seu nome, apelidos, nome de usuario en Twitter, Facebook ou Instagram e imaxe en calquera actividade publicitaria, promocional ou de márketing relacionada coa presente promoción en calquera medio, sen que ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio algún.

5. DEREITOS CEDIDOS

Os participantes ceden á CORPORACIÓN RTVG os seguintes dereitos sobre as fotografías: explotación, reprodución e distribución en calquera soporte, e comunicación pública por televisión, calquera que sexa a modalidade técnica empregada, ondas de terra, cable, satélite, libre codificada ou de pagamento, incluído o pagamento por visión, o vídeo á demanda, o vídeo case á demanda, televisión de mobilidade e calquera outra coñecida, por internet e demais redes de telecomunicación informática e de telefonía.

Os anteriores dereitos serán cedidos na medida en que os require o Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, clarexando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia, para todos os países do mundo, polo tempo máximo nel establecido.

6. RESPONSABILIDADE 

LUAR resérvase o dereito de non admitir ou excluír aos participantes da presente promoción que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nas presentes bases.

LUAR advirte que non están permitidas as fotografías con contido inadecuado, ofensivo, discriminatorio ou que poidan vulnerar dereitos de terceiros, sendo eliminadas as publicacións e desbotadas as fotografías á hora de participar en “Momentos de Luar”.

7. ACEPTACIÓN DAS BASES 

A simple participación nesta promoción supón a aceptación plena e incondicional destas Bases, así como a submisión expresa ás decisións interpretativas quede as mesmas realice LUAR en canto á resolución de calquera cuestión derivada da promoción.

A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das presentes Bases implicará a exclusión do participante, polo que LUAR quedará liberado de calquera cumprimento e obrigación contraídos co devandito participante. 

8. PROTECCIÓN DE DATOS

De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os datos de carácter persoal recollidos ao abeiro deste concurso serán incorporados a un ficheiro do que é responsable a CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A. con sede en Bando – San Marcos s/nº, 15820 Santiago de Compostela, co fin de resolver a xestión e difusión do concurso. Os interesados poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo unha solicitude asinada por escrito ao Servizo de Informática da CRTVG no enderezo sinalado, xunto cunha copia do seu DNI.

9. DESVINCULACIÓN 

Facebook, Twitter ou Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo algún esta promoción, nin están asociados a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Twitter,  Facebook ou Instagram e é consciente de que está a proporcionar a súa información a LUAR e non a ditas redes sociais.

A CRTVG queda exonerada de toda responsabilidade en caso de mal funcionamento das redes de comunicación telemática que impidan o normal desenvolvemento desta iniciativa por causas alleas a aquel e especialmente por actos externos de mala fe. Tampouco será responsable a CRTVG dos problemas de transmisión ou perda de datos non imputables a esta.