CRTVG

Buscar

Concursos

Bases legais do concurso "Unha panxoliña para Abraham Mateo"

Termos e condicións 

1. ENTIDADE ORGANIZADORA 

CRTVG e o programa LUAR levan a cabo un concurso en Twitter que se desenvolverá conforme ao establecido nas presentes bases. O concurso realizaráse entre todos os participantes que cumpran coas condicións indicadas nas presentes bases.

2. PLATAFORMA DE PARTICIPACIÓN E VIXENCIA 

A promoción desenvolveráse entre a publicación do mesmo o día 12 de decembro de 2016 ata as 15h do xoves 15 de decembro de 2016. Realizaráse exclusivamente no twitter oficial do programa LUAR.

3. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN e MECÁNICA DA PROMOCIÓN 

Poderán participar nesta promoción: 

1) As persoas físicas 

2) Maiores de 14 anos  (Os menores de idade deberán enviar o documento de cesión de dereitos asinada polos pais ou titores legais a luar@crtvg.es)

| Descarga o formulario|

CESIÓN DEREITOS

3) Con residencia legal en España

4) Que conten cun perfil de usuario real en Twitter (non serán válidas “contas concurso”) 

5) Non poderán participar os empregados de CRTVG, LUAR nin persoa implicada profesinalmente nesta promoción.

6) Que sexan seguidoras da conta de Twitter de Luar

7) Que compartan na súa conta de twitter un vídeo cantanto unha panxoliña en galego dedicada a Abraham Mateo.

8) Que empreguen os cancelos #Luar1060 e #AbrahamVoveALuar

9) Que reciban máis rechouchíos no seu vídeo antes das 15h do xoves 15 de decembro de 2016

10) Excluiránse automáticamente da promoción a calquera participante que transgreda as normas de boa fe, observe unha conducta inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos.

4. CONTIDO DO PREMIO 

Os gañadores serán os 3 participantes que, cumprindo os anteriores requisitos, reciban máis rechouchíos nos seus vídeos dentro dos días e as horas establecidos. O premio consistirá na entrada aos ensaios do programa Luar onde participará o cantante Abraham Mateo.

A empresa organizadora non se fará cargo de nigún tipo de gasto derivado do premio (Desprazamentos, dietas, etc)

O contido do premio está suxeito a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade do organizador.  

O premio da presente promoción, en ningún caso poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación económica ou cesión a petición dos gañadores. 

6. DETERMINACIÓN DOS GAÑADORES E COMUNICACIÓN OFICIAL 

Entre todos os participantes que cumprisen cos requisitos, os gañadores serán aqueles que reciban máis “rechouchíos” no seu vídeo.  O programa poráse en contacto cos gañadores nas horas posteriores ao remate do concurso.  En caso de renuncia, imposibilidade de localización, ou cando o gañador ou gañadores do premio non cumpran os requisitos de participación, o premio pasará as seguintes persoas con maior número de rechouchíos. Os nomes dos gañadores publicaránse a partir do día 15 de decembro, despois das 15 horas, a través da conta oficial de twitter de Luar. 

5. UTILIZACIÓN DO NOME DOS GAÑADORES E COMUNICACIÓNS RELACIONADAS CON ESTA PROMOCIÓN 

Os gañadores da promoción consenten expresamente que Luar poida utilizar o seu nome, apelidos, nome de usuario en Twitter, imaxe e vídeo gravado para este concurso no programa ou en calquera actividade publicitaria, promocional ou de márketing relacionada coa presente promoción en calquera medio, sen que ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases. 

6. RESPONSABILIDADE 

CRTVG e LUAR resérvanse o dereito de non admitir ou excluír aos participantes ou gañadores da presente promoción, que facilitase datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpra o establecido nas presentes

bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no caso de que devanditos erros ou falseamentos impidan a identificación dos gañadores do premio.  

CRTVG e LUAR non se responsabilizan das posibles perdas, deterioros, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento xeral da presente promoción ou que sucedan durante o tempo establecido para gozar do premio. 

7. ACEPTACIÓN DAS BASES 

A simple participación nesta promoción supón a

aceptación plena e incondicional destas Bases, a suxeción á normativa fiscal que resulte de obrigatoria aplicación, así como a submisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas realice a CRTVG e Luar en canto á resolución de calquera cuestión derivada do concurso. A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das presentes Bases implicará a exclusión do participante, polo que CRTVG e LUAR quedarán liberados de calquera cumprimento e obriga contraídos co devandito participante. 

8. DESVINCULACIÓN 

Twitter non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Twitter e é consciente de que está a proporcionar a súa información á conta de twitter de Luar e non a Twitter. A información que proporcione utilizaráse para xestionar a participación do concursante ou para comunicarlle o premio.