CRTVG

Buscar

Concursos

Bases legais do concurso de comparsas de Luar: 'Entroido 2017'

BASES LEGAIS DO CONCURSO DE COMPARSAS DE LUAR: “ENTROIDO 2017” 

Termos e condicións 

1. ENTIDADE ORGANIZADORA.- 

CRTVG e o programa LUAR levan a cabo un concurso de comparsas no programa do venres 24 de febreiro de 2017 que se desenvolverá conforme ao establecido nas presentes bases. O concurso realizarase entre todos os participantes que cumpran coas condicións indicadas nas presentes bases.

2. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN   

Poderán participar neste concurso: 

  • Persoas físicas ou asociacións sen ánimo de lucro que formen unha comparsa dun mínimo de 5 ata un máximo de 15 integrantes. Non poderán incluír carrozas ou vehículos a motor
  • A idade mínima para participar é de 16 anos. No caso de que o participante sexa menor de 18 anos, deberá contar coa autorización expresa dos seus titores legais.
  • Non poderán participar os empregados da CRTVG, do programa LUAR nin persoal de empresas que presten servizos no programa LUAR
  • A Dirección do Programa fará unha selección previa dos candidatos mediante probas ou visionado de fotografías ou vídeos recibidos atendendo a criterios artísticos do programa.
  • Os videos dos candidatos deberán enviarse por correo electrónico a luar@crtvg.es en formato MP4 ou similar. Deberán ter unha duración máxima dun minuto. A data tope de recepción de videos ou fotos será o luns 20 de febreiro de 2017 ás 12:00 horas. 
  • A inscrición será gratuíta. Os concursantes non terán dereito a contraprestación económica ningunha.
  • Os concursantes comprometeranse a presentarse no lugar e durante o tempo que se lles sinale para efectuar os ensaios previos, así como seguir as instrucións de participación durante o programa.
  • Excluiráse automáticamente do concurso a calquera participante que transgreda as normas de boa fe, observe unha conduta inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos.

3. MECÁNICA

  • As comparsas participantes deberán desfilar no escenario do programa segundo as indicacións recibidas nos ensaios previos
  • As comparsas poderán empregar música de fondo no seu desfile, que deberá ser aprobada pola dirección do programa
  • Un xurado designado pola dirección do programa valorará as comparsas participantes segundo criterios de orixinalidade, laboriosidade, vistosidade, ou os que consideren pertinentes
  • Unha vez nomeado o xurado, os concursantes declararán non ter ningunha vinculación familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade con ningún dos membros que forman o xurado.
  • A Dirección do Programa poderá, no caso de imposibilidade de asistencia dalgún ou algúns dos membros do xurado, nomear un substituto ou substitutos, sempre coa mesma condición de non ter vinculación familiar cos concursantes.

4. CONTIDO DO PREMIO.-

O concurso ten como premio unha dotación económica de 1000 € para o gañador   que estará suxeita á correspondente retención do IRPF.

5. UTILIZACIÓN DO NOME DOS GAÑADORES E COMUNICACIÓNS RELACIONADAS CON ESTA PROMOCIÓN.-

Os gañadores da promoción consenten expresamente que LUAR poida utilizar o seu nome e imaxe en calquera actividade publicitaria, promocional ou de márketing relacionada co presente concurso en calquera medio, sen que ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases. 

6. DEREITOS CEDIDOS

Os participantes ceden á CORPORACIÓN RTVG os seguintes dereitos sobre a súa imaxe e sobre a gravación audiovisual que recolle a súa participación no programa: de explotación, reprodución e distribución en calquera soporte, e comunicación pública por televisión, calquera que sexa a modalidade técnica empregada, ondas de terra, cable, satélite, libre codificada ou de pagamento, incluído o pagamento por visión (PPV), televisión por protocolo de internet (IPTV), o vídeo á demanda, o vídeo case á demanda, televisión de mobilidade e calquera outra coñecida, por internet e demais redes de telecomunicación informática e de telefonía.

Os anteriores dereitos serán cedidos na medida en que os require o Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, clarexando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia, para todos os países do mundo, polo tempo máximo nel establecido.

7. RESPONSABILIDADE.-

CRTVG e LUAR resérvanse o dereito de non admitir ou excluír aos participantes ou gañadores da presente promoción que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nas presentes bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no caso de que os devanditos erros ou falseamentos impidan a identificación dos gañadores do premio.  

CRTVG e LUAR non se responsabilizan das posibles perdas, deterioros, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ó desenvolvemento xeral da presente promoción ou que sucedan durante o tempo establecido para gozar do premio. 

8. PROTECCIÓN DE DATOS.-

De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os datos de carácter persoal recollidos ao abeiro deste concurso serán incorporados a un ficheiro do que é responsable a CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A. con sede en Bando – San Marcos s/nº, 15820. Santiago de Compostela, co fin de resolver a xestión e difusión do concurso. Os interesados poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo unha solicitude asinada por escrito ao Servizo de Informática da CRTVG no enderezo sinalado, xunto cunha copia do seu DNI.

9. ACEPTACIÓN DAS BASES.-

A simple participación nesta promoción supón a aceptación plena e incondicional destas Bases, a suxeición á normativa fiscal que resulte de obrigatoria aplicación, así como a submisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas realice a CRTVG e LUAR en canto á resolución de calquera cuestión derivada do concurso. A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das presentes Bases implicará a exclusión do participante, polo que a CRTVG e LUAR quedarán liberados de calquera cumprimento e obriga contraídos co devandito participante.