CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do sorteo "Melón e sandía" do programa Galicia por Diante da Radio Galega

BASES DO SORTEO “MELÓN E SANDÍA”

DA CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A.

Primeira.- Obxecto

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. na súa canle Radio Galega (en adiante Radio Galega), organiza un sorteo denominado “Melón e sandia” entre os ouvintes do programa “Galicia por diante” que se desenvolverá de conformidade co establecido coas seguintes bases. Este concurso realizarse sempre e cando se anuncie na propia emisora, segundo o establecido no punto catro sempre que se cumpran as condicións indicadas.

 

Segunda- Finalidade do sorteo

O sorteo ten como finalidade incentivar e fidelizar a participación dos ouvintes da Radio Galega,

 

Terceira – Lexitimación para participar

Poderán participar no sorteo as persoas físicas maiores de 18 anos que residan dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e actúen conforme ao procedemento establecido nestas bases.

Non poderá participar no sorteo o persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia nin os seus respectivos cónxuxes ou parellas de feito, así como os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade.

Cada participarte que sexa agraciado non poderá volver a participar durante un período de tres meses desde a data na que se lle conceda o premio.

Poderase invalidar calquera participación de persoas que foran asistidas por quen ten prohibida a súa participación. O feito de participar no sorteo significará a aceptación total e incondicional destas bases.

 

 

Cuarta – Mecánica do sorteo

Cada día, de luns a venres, e dentro da sección “Bóla extra” do programa da Radio Galega “Galicia por diante” celebrarase un sorteo entre as 12:00h e as 12:30h ata o 30 de setembro de 2020.

Os presentadores do programa incentivarán que a audiencia participe na sección a través dunha chamada por teléfono para trasladar unha opinión sobre os temas que se están debatendo na sección e participar nun sorteo entre as chamadas recibidas. As persoas interesadas en participar deben chamar aos números de teléfono 981 540 979 ou 981 540 989.

Os presentadores identificarán a cada participante co nome e apelidos.

Non se establece límite de persoas que poden participar no concurso cada día.

 

Quinta - Determinación do gañador, descrición e entrega do premio

No último tramo da sección, ao redor das 12:55h, os presentadores realizarán un sorteo entre todas as chamadas recibidas. O sorteo consistirá en seleccionar o nome do agraciado de xeito aleatorio entre todos os nomes dos participantes do día e o gañador será anunciado publicamente polos presentadores.

Unha vez rematado o concurso, levantarase a correspondente acta a cargo dos responsables do programa.

O premio consistirá nunha caixa de “Un melón de autor e unha sandia foodie”. Cada caixa inclúe 2 unidades, e entregarase no domicilio do gañador.

O nome do gañador do sorteo de cada día será remitido polo responsable de produción do programa ao departamento de Innovación e Negocio, quen tramitará o envío do premio á persoa agraciada.

O gañador ten dereito a renunciar ao premio gañado, pero non poderá, en ningún caso, cambialo por outro distinto.

A CRTVG, S.A. antes da entrega do premio poderá solicitar a acreditación de que se cumpren os requisitos para participar.

 

Sexta.- Aceptación das bases

A participación no concurso supón a aceptación na súa totalidade das presentes bases, que poden ser consultadas polos participantes na páxina web www.crtvg.es.

A Radio Galega resérvase o dereito de retirar ou modificar a mecánica do sorteo á súa enteira discreción, para o cal informará pertinentemente a través dos mesmos medios nos que se anunciou o concurso, modificando as bases, se o considerara oportuno.

En caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas bases, prevalecerá o criterio da Radio Galega.

 

Sétima.- Protección de datos de carácter persoal.

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD), a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento da relación contractual.

Informámoslle que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.