CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do Sorteo “35 Aniversario Da Radio Galega” da Corporación Radio e Televisión De Galicia, S.A.

Bases do concurso

Primeira.- Obxecto

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. na súa canle Radio Galega (en adiante Radio Galega), organiza un sorteo denominado “35 Aniversario da RG” entre os ouvintes do programa “Galicia por diante” que se desenvolverá de conformidade co establecido coas seguintes bases. Este concurso realizarse sempre e cando se anuncie na propia emisora, segundo o establecido no punto catro sempre que se cumpran as condicións indicadas.

Segunda- Finalidade do sorteo

O sorteo ten como finalidade celebrar o 35 aniversario das emisións da Radio Galega.

Terceira – Lexitimación para participar

Poderán participar no sorteo as persoas físicas que acrediten, mediante o DNI, ter nacido o día 24 de febreiro de 1985 e que residan dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e actúen conforme ao procedemento establecido nestas bases.

O premio consiste nun reloxo deportivo que poderán ver na páxina https://tuxiaomi.es/tienda-xiomi/xiomi-amazfit-qtr-47mm-global-version/

Non poderá participar no sorteo o persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia nin os seus respectivos cónxuxes ou parellas de feito, así como os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade.

Poderase invalidar calquera participación de persoas que foran asistidas por quen ten prohibida a súa participación. O feito de participar no sorteo significará a aceptación total e incondicional destas bases.

Cuarta – Mecánica do sorteo

O luns 24 de febreiro de 2020 a Radio Galega celebra 35 anos do inicio das súas emisións en probas. Ese mesmo día, no programa Galicia por Diante, celebrarase un sorteo entre as persoas que cumpran 35 anos ese día e que chamen ou se poñan en contacto polas redes sociais da Radio Galega.

O sorteo celebrarase durante o programa Galicia por Diante, entre as 12:30 e as 13:00 do mediodía do 24 de febreiro de 2020.

Os presentadores identificarán a cada participante cun nome. Incluirán este nome na aplicación sortea2.com.

Non se establece límite de persoas que poden participar no concurso pero realizaranse exclusivamente seis sorteos.

 

Quinta - Determinación do gañador, descrición e entrega do premio

No último tramo da sección, ao redor das 12:55h, os presentadores realizarán un sorteo entre todas as chamadas recibidas a través da aplicación informática sortea2.com que elixirá de xeito aleatorio o nome do gañador e que será feito público.

Unha vez rematado o concurso, levantarase a correspondente acta a cargo dos responsables do programa. As persoas gañadoras deberán certificar que cumpre 35 anos o 24 de febreiro de 2020 co envío dunha copia do seu DNI.

Cada premio consistirá nun reloxo deportivo.

O nome do gañador do sorteo será remitido polo responsable de produción do programa ao departamento de Innovación e Negocio, quen tramitará o envío do premio á persoa agraciada. Os Premios recóllense en calquera establecemento de “Star electrodomésticos” de Galicia.

O gañador ten dereito a renunciar ao premio gañado, pero non poderá, en ningún caso, cambialo por outro distinto.

A CRTVG, S.A. antes da entrega do premio poderá solicitar a acreditación de que se cumpren os requisitos para participar.

Sexta.- Aceptación das bases

A participación no concurso supón a aceptación na súa totalidade das presentes bases, que poden ser consultadas polos participantes na páxina web www.crtvg.es.

A Radio Galega resérvase o dereito de retirar ou modificar a mecánica do sorteo á súa enteira discreción, para o cal informará pertinentemente a través dos mesmos medios nos que se anunciou o concurso, modificando as bases, se o considerara oportuno.

En caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas bases, prevalecerá o criterio da Radio Galega.

Sétima.- Protección de datos de carácter persoal.

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD), a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento da relación contractual. Informámoslle que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020