CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do concurso 'Vai de regueifa', Luar

DESCRICIÓN


CRTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela) e con C.I.F. A-15073349 , é a entidade responsable do concurso para televisión “Vai de Regueifa” (en diante, o “Concurso”) que se emitirá no programa Luar, nas cadeas de televisión da SOCIEDADE MERCANTIL CORPORACIÓN DE RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A. (en diante, a “Cadea”) e nos seus canais interactivos.
NORMAS APLICABLES AO CONCURSO

O concurso réxese polas presentes regras particulares accesibles na dirección www.crtvg.es. O mero feito da participación, por calquera dos medios contemplados nestas regras, implica a aceptación incondicional das mesmas. A Cadea resérvase o dereito para expulsar do Concurso a calquera concursante que non cumpra coas bases legais en calquera momento do Concurso.

 

LEXITIMACIÓN PARA PARTICIPAR

Poderán participar no Concurso todas aquelas persoas, maiores de 16 anos que residan legalmente dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que posúan DNI ou pasaporte vixente en caso de ser españois ou NIE e permiso de residencia vixentes en caso de ser estranxeiros e que fosen seleccionadas nos diferentes castings que a “CRTVG” efectúe para ese efecto e á súa única discrecional idade e que actúe conforme ao procedemento aquí descrito.

Non poderán participar no “Concurso” os traballadores de CRTVG, das empresas que presten os seus servizos á CRTVG, nin os familiares dos devanditos traballadores ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (incluídas as parellas de feito). Tampouco poderán participar aquelas persoas que manteñan relacións de amizade cos traballadores vinculados ao “Concurso” que teñan capacidade de decisión sobre o mesmo.

O incumprimento destas condicións dará lugar á eliminación automática do concursante e á obrigación de devolver o premio obtido no seu caso.


CLAÚSULAS XERAIS

3.1.- Regras de Conducta

O concursante non recibirá contraprestación algunha por esta participación, sen prexuízo do posible premio que puidese estar establecido na mesma, que obtería en caso de superar o xogo/proba, segundo as normas establecidas para ese efecto. O Programa poderá entregarlles unha cantidade en concepto de incentivo e/ou axuda para gastos de desprazamentoCRTVG resérvase o dereito de descualificar a calquera concursante do programa no caso de que consideren que a súa actuación é nalgunha forma inadecuada ou contraria a calquera código de emisión, ético, de regulación ou a algunha lei aplicable. O concursante non poderá, en ningún caso, promocionar ningún servizo ou produto, nin tampouco poderá utilizar unha linguaxe inapropiada, nin groserías, ou realizar declaracións inxuriosas, calumniosas ou dicir calquera cousa que puidese ofender ou ferir a unha persoa, empresa ou entidade. O concursante acepta que soamente el será responsable das consecuencias dos seus actos ou as súas palabras mentres participe no “Concurso”.

3.2.- Premios

No caso de que o concursante gañase algún premio “CRTVG” esixirá como requisito previo ao seu pago: A acreditación da identidade do gañador, a cuxo fin este deberá achegar o seu DNI/ NIE, teléfono de contacto e número de conta bancaria con código IBAN da que sexa titular onde desexe recibir o importe do premio.Os premios entregaranse nun prazo de _________ días despois de ser facilitada a documentación a que se refire este apartado. Os premios caducarán cando transcorridos cento oitenta días contados a partir do día seguinte á data do “Concurso” no que se produciu a participación premiada, o gañador non cumprise os requisitos necesarios para poder obter o premio sendo requirido para iso pola “CRTVG”. Os premios abonaranse por calquera dos sistemas de pago admitidos en España, a completa discreción da “CRTVG”. 
Conforme á normativa fiscal vixente, todos os premios están suxeitos a retención e ingreso a conta polo IRPF. Ditas retencións serán deducidas dos premios obtidos en metálico. Anualmente remitirase ao gañador un certificado de retencións e ingresos a conta cos datos do premio e da retención aplicada para que este poida incluílo na súa declaración anual de IRPF. 
O Vai de Regueifa ten como premio unha dotación económica de 3000 € para o concursante campión e de 1500 € para o subcampión. Os premios estarán suxeitos á correspondente retención do IRPF.

3.3.- Cesión de dereitos

A participación no “Concurso” implica obrigatoriamente a aceptación desta cláusula.O participante polo mero feito de participar no “Concurso” outorga mediante a aceptación destas bases o seu consentimento expreso para que a “CRTVG” poida indistintamente empregar a súa imaxe, nome e/ou voz en calquera medio e a través de calquera forma de comunicación, incluída a publicidade e/ou promoción do “Concurso” en todo tipo de actividades relacionadas co concurso, xa sexa por si mesmas ou a través de terceiros, sen limitación temporal nin territorial e sen percibir remuneración por elo.A título enunciativo pero no limitativo “CRTVG” poderá emitir as gravacións nas que aparezan os concursantes en calquera medio de difusión e/ou programas, promocións ou na web de “CRTVG”, así como nos seus servizos móbiles, de forma completa ou fraccionada, por separado ou de forma agrupada.

3.4.- Protección de datos de carácter persoal

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento do concurso. Informámoslle que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. 

3.5.- Modificación de Bases

A “CRTVG” resérvase o dereito de retirar ou cambiar o “Concurso” por motivos técnicos, operativos, comerciais, ou de audiencia, modificando no necesario as presentes Bases.

3.6.- Aceptación das Bases e Lexislación Aplicable

A participación no “Concurso” supón a aceptación expresa das presentes bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas efectúe a dirección do “Concurso”, cuxo criterio prevalecerá. Serán competentes para coñecer os litixios que puidesen exporse os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela, renunciando expresamente os participantes ao foro que lle puidese corresponder. 

3.7.- Atención de Reclamacións

O concursante poderá efectuar as súas reclamacións en relación co concurso por calquera destas vías: Por escrito, mediante escrito enviado a CRTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela).A través da web da cadea CRTVG onde se promocione o Concurso: www.crtvg.es No caso de que se comprobe un erro na interpretación das bases por parte da dirección do “Concurso”, o participante será convidado a volver participar no “Concurso” durante un día que se fixe de mutuo acordo entre o participante e a dirección do “Concurso”.

 


MECÁNICA DO CONCURSO

A orde e a inclusión ou non das probas que a continuación se describen poderá en calquera momento ser modificado pola dirección do “Concurso”. Por outra banda as probas poden sufrir alteracións e mesmo se poderán incluír novas probas.

- En cada programa competirán dous participantes entre si. Os concursantes enfróntanse nunha loita en verso en galego cunha temática libre ou ben definida por un dos membros do xurado.

- Os concursantes comprometeranse a presentarse no lugar e durante o tempo que se lles sinale para efectuar os ensaios previos, así como seguir as instrucións de participación durante o programa. O participante que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificado.

- O xurado de Vai de Regueifa estará formado por tres especialistas de recoñecida solvencia. Cada membro do xurado emitirá a súa valoración, atendendo a criterios técnicos e artísticos e a súa decisión será inapelable. Unha vez nomeado o xurado, os concursantes declararán non ter ningunha vinculación familiar ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade con ningún dos membros do xurado. A Dirección do Programa poderá, no caso de imposibilidade de asistencia dalgún dos membros do xurado, nomear un substituto que pasará a formar parte do xurado, sempre coa mesma condición de non ter vinculación familiar cos concursantes.

- Na primeira fase cada semana participarán dous concursantes novos.

- O xurado emitirá una puntuación do 1 ao 10 para cada concursante.

- O resultado das valoracións será comunicado durante a emisión do programa, e incorporarase a unha taboa clasificatoria.

- No concurso poderá haber cantas fases decida a Dirección do Programa.

- Na primeira fase participarán tódolos concursantes e ao remate da rolda pasarán á seguinte fase os mellor puntuados.

- O número de concursantes que promocionen será determinado pola Dirección do Programa atendendo ás necesidades de programación.

- Nas sucesivas fases participarán os concursantes promocionados e comezará unha nova táboa clasificatoria partindo as puntuacións de cero.

- Ao remate, os concursantes mellor puntuados quedarán seleccionados para competir en semifinais e final.

- Na final competirán os dous concursantes que seleccione o xurado de entre os que participaron nas semifinais.

- O concursante que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificado.