CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do concurso: “Queres conseguir un CD do último traballo de Sergio Dalma?”

BASES LEGAIS DO CONCURSO “Queres conseguir un CD do último traballo de Sergio Dalma?”

Termos e condicións 

1. ENTIDADE ORGANIZADORA 

Crtvg e Luar levarán a cabo un concurso en Twitter que se desenvolverá conforme ao establecido nas presentes bases. O sorteo realizarase entre todos os participantes que cumpran coas condicións indicadas nas presentes bases. 

2. PLATAFORMA DE PARTICIPACIÓN E VIXENCIA 

A promoción desenvolverase entre o 16 de novembro a partir das 14:00 horas ata as 15:00 horas do 18 de novembro de 2016. Realizarase exclusivamente na conta de Twitter de Luar.  A elección dos gañadores será o día 18 de novembro a partir das 15:00 horas. 

3. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN e MECÁNICA DA PROMOCIÓN 

Poderán participar nesta promoción: 

 

  • As persoas físicas 
  • Maiores de 18 anos 
  • Con residencia legal en España 
  • Que conten cun perfil de usuario real en Twitter
  • Que sexan seguidoras da conta de twitter de Luar @luartvg
  • Que contesten á pregunta “Con quen bailarías “pegado”?” empregando os cancelos #SdalmaNoLuar e #Luar1056  

4. CONTIDO DO PREMIO 

Sortearáse 1 cd do último traballo de Sergio Dalma titulado “Dalma”.  O envío do regalo irá á conta do organizador do concurso.

O contido do premio está suxeito a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade do organizador.  

O premio da presente promoción, en ningún caso poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación económica ou cesión a petición dos gañadores.

5. DETERMINACIÓN DOS GAÑADORES E COMUNICACIÓN OFICIAL 

Entre todos os participantes que cumprisen cos requisitos, Luar, elixirá, mediante sorteo, 1 chío en  twitter como gañador do premio. 

Os nome do gañador publicarase o 18 de novembro, a partir das 15 horas, a través da conta de Twitter de Luar.  O gañador deberá poñerse en contacto por mensaxe directa en 48 h.  En caso de renuncia, imposibilidade de localización, ou cando o gañador do premio non cumpra os requisitos de participación, o premio pasará a ser sorteado de novo.

6. UTILIZACIÓN DO NOME DOS GAÑADORES E COMUNICACIÓNS RELACIONADAS CON ESTA PROMOCIÓN 

O gañador da promoción consente expresamente que Luar poida utilizar o seu nome, apelidos, nome de usuario en Twitter e imaxe en calquera actividade publicitaria, promocional ou de márketing relacionada coa presente promoción en calquera medio, sen que ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases. 

7. RESPONSABILIDADE 

Luar resérvase o dereito de non admitir ou excluír aos participantes ou gañadores da presente promoción que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nas presentes bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no caso de que devanditos erros ou falseamentos impidan a identificación dos gañadores do premio.  

Luar advirte que non están permitidos os comentarios con contido inadecuado, ofensivo, discriminatorio ou que poida vulnerar dereitos de terceiros, sendo eliminadas as publicacións e descualificado o participante que inclúa este tipo de contidos. 

Luar non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento xeral da presente promoción ou que sucedan durante o tempo establecido para gozar do premio.  

8. ACEPTACIÓN DAS BASES 

A simple participación nesta promoción supón a aceptación plena e incondicional destas Bases, a suxeición á normativa fiscal que resulte de obrigatoria aplicación, así como a submisión expresa ás decisións interpretativas quede as mesmas realice Luar en canto á resolución de calquera cuestión derivada do sorteo. A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das presentes Bases implicará a exclusión do participante, polo que Luar quedará liberado de calquera cumprimento e obrigación contraídos co devandito participante. 

9. DESVINCULACIÓN 

Facebook ou Twitter non patrocinan, avalan nin administran de modo algún esta promoción, nin están asociados a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Twitter e é consciente de que está a proporcionar a súa información a Luar e non a Twitter. A información que proporcione utilizarase para xestionar a participación do concursante ou para comunicarlle o premio.