CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do concurso "Pregunta-Luar" do programa Luar da CRTVG

O programa Luar da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., emitido a través das súas canles Televisión de Galicia, co desexo de premiar a fidelidade da súa audiencia, convoca unha nova edición do concurso PREGUNTA-LUAR. Así durante o transcurso do programa realizarase unha chamada a un número de teléfono previamente elixido e a persoa que responda á mesma formularáselle unha pregunta sobre o contido do programa, se a responde correctamente esta persoa gañará o premio que se indica a continuación.

 

Mecánica do concurso

 

1)      Un notario seleccionará de forma aleatoria 800 números de teléfono das páxinas brancas da Comunidade Autónoma de Galicia e levantará acta da selección.

 

2)     A selección dos devanditos 800 números de teléfono, farase co criterio de reparto igualitario entre as catro provincias galegas (200 cada unha).

 

3)    A dirección do programa seleccionará en cada programa de forma aleatoria 20 dos números recollidos na acta notarial, repartidos por provincias e chamarase pola orde rigorosa de lista para facer a pregunta sobre o contido do mesmo.

 

Os números de teléfono aos que se realice a chamada, contesten ou non á mesma, serán eliminados do listado recollido na acta notarial polo que non se volverá a chamar a eses números de teléfono en posteriores programas.

Os restantes números utilizados en cada programa e non chamados volverán á lista xeral.

Se o primeiro teléfono seleccionado non contesta ou non acerta a resposta pasarase ao seguinte da lista ata que alguén acerte ou remate no tempo estimado para o concurso. O tope de tons de chamada será de 5. Se nun programa non existe ningún premiado o importe do premio acumularase ao da seguinte semana.

 

Duración do concurso

Desde o programa "Luar" do día  13 de setembro de 2019 ata o 17 de xullo de 2020.

As bases estarán publicadas durante a duración do concurso na páxina web da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.


Premio

A persoa que conteste correctamente á pregunta recibirá un premio de 500 euros ou o bote acumulado no caso de quedar deserto con anterioridade. Este importe está suxeito á correspondente retención do IRPF que establezan as normas fiscais.

A persoa que resulte gañadora deberá facilitar á Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. os datos necesarios para proceder o aboamento do premio.

 

Protección de datos

A Corporación RTVG informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD), a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento do concurso. 

Informámoslle que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG (Bando-San Marcos, s/n. 15820. Santiago de Compostela), ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.

 

Disposicións xerais

 1) A Dirección do Programa resérvase o dereito de modificar ou suspender o concurso temporal ou definitivamente cando as necesidades de programación e audiencia así o aconsellen.

2) A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. queda exonerada de toda responsabilidade en caso do mal funcionamento das redes de comunicación que impidan o normal desenvolvemento desta iniciativa por causas alleas a ela e especialmente por actos externos de mala fe.

3) En caso de dúbida na interpretación do resultado do concurso, recorrerase ao exame exhaustivo das imaxes gravadas e, no seu caso, ao ditame da Dirección do Programa, que será vinculante para os participantes.

4) En caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas bases prevalecerá o criterio da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

 

En Santiago de Compostela, a  9 de setembro de 2019