CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do concurso "En Xogo- Traíñas"

OBXECTO.-

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., no seu programa “En Xogo” que se emite a través da súa canle de televisión denominada, TVG2, organiza un concurso coa finalidade de fomentar o deporte tradicional das traíñas.

Para iso, durante todos os domingos dos meses de xullo e de agosto de 2017 celebraremos un concurso no que participará un remeiro de cada un dos equipos que compoñen a Liga Galega de Traiñeiras.

O concurso consistirá en realizar unha proba na que durante un minuto (1’) o participante deberá realizar o maior número de metros nun ergómetro.

FORMA DE PARTICIPACIÓN.-

Os clubs elixirán o seu representante na proba, un por club.

Terán que comunicar o nome do participante , cando menos con dous días de antelación a xornada da Regata de Presentación da Liga galega de Traiñeiras no mes de xuño. A comunicación será por correo electrónico ó seguinte enderezo: deportestvg@crtvg.es.

Os resultados da probas iranse emitindo o longo da temporada do EN XOGO TRAÍÑAS nos meses de xullo e de agosto de 2017.

O gañador darase a coñecer no último programa da temporada.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO.-

Todos os participantes serán citados para celebrar a proba, celebrándose todas o mesmo día. Perderán o dereito a participar os que non se presenten na hora e lugar comunicados.

Todas as probas serán gravadas para que quede constancia do seu desenvolvemento e dos resultados acadados por cada un dos participantes.

Estas gravacións poderán ser emitidas por Televisión de Galicia.

Resultará gañador o remeiro que consiga percorrer máis metros durante un minuto (1’)

No caso de empate tomarase como segundo criterio os vatios realizados por cada remeiro.

PREMIO.-

O premio para o gañador consistirá en asistir á segunda xornada da Bandeira da Kontxa en San Sebastián o segundo domingo do mes de setembro de 2017.

A Corporación RTVG cubrirá os gastos de quilometraxe dende a localidade na que resida o gañador ata San Sebastián no percorrido de ida e volta. Tamén se inclúe unha noite de hotel en habitación dobre con almorzo con entrada o sábado 9 de setembro e saída o domingo 10 de setembro de 2017

O gañador contará cunha acreditación para moverse na zona de delegados e presenciar o evento.

O gañador ten dereito a renunciar ao premio gañado, no entanto non poderá, en ningún caso, cambialo por outro distinto nin polo seu valor en metálico.

O premio contará coa retención fiscal ao tipo vixente segundo o disposto na Lei do I.R.P.F. e nos regulamentos que a desenvolven.

DEREITOS DE IMAXE.-

Os concursantes ceden todos os dereitos de imaxe á Corporación RTVG., así como todos os dereitos derivados da súa participación no programa “En Xogo”, respecto á súa gravación audiovisual, a súa reprodución e comunicación pública por televisión, internet e demais medios coñecidos, para todo o mundo e ata a súa entrada no dominio público, e sen límite de pases.

PROTECCIÓN DE DATOS.-

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase aos participantes de que os seus datos pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da Corporación RTVG para o tratamento e rexistro dos datos, cuxa finalidade é a xestión do presente concurso.

Ponse, ademais, en coñecemento dos participantes que os seus datos persoais publicaranse na Corporación Radio e Televisión de Galicia e na web, actividades para as que aqueles prestan expresamente o seu consentimento.

O organizador comprométese a respectar a confidencialidade dos datos facilitados e a empregalos conforme á finalidade dos ficheiros, podendo os participantes exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, así como revocar o consentimento para a cesión, comunicándoo previamente ao organizador por medio de correo postal ou por medio de correo electrónico, á atención do Responsable de seguridade.

ACEPTACIÓN DAS BASES.-

A participación no concurso supón a aceptación na súa totalidade das presentes bases.

No caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas bases, prevalecerá o criterio da Corporación RTVG.