CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do concurso "Adiviña o xeroglífico " do programa Luar da CRTVG

O programa Luar da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., emitido a través da súa canle Televisión de Galicia, co desexo de premiar a fidelidade da súa audiencia, convoca o concurso ADIVIÑA O XEROGLÍFICO. Así durante o transcurso do programa ofrecerase en pantalla unha imaxe representativa da resposta á pregunta que se faga. Os espectadores poderán chamar a un teléfono habilitado para o concurso e a persoa que responda correctamente gañará como premio un xamón.

Mecánica do concurso 

1) En pantalla aparecerá unha ilustración composta por unha ou máis imaxes que en conxunto representarán a solución á pregunta que se faga.

2) A solución pode consistir no nome dun personaxe, lugar, animal ou cousa de coñecemento popular entre os espectadores do programa.

3) A dirección do programa seleccionará de forma aleatoria as chamadas recibidas para dar paso á emisión en directo e preguntaráselle se coñece a solución do xeroglífico.

4) O presentador do programa poderá dar algunha pista se así o estima oportuno.

5) No caso de que a persoa que chame non conteste a resposta correcta, seguiranse recibindo chamadas de outros espectadores coa mesma ilustración e pregunta.

 

Participantes

Poderán participar no sorteo as persoas físicas maiores de 18 anos que residan na comunicade autonoma de Galicia e cumpran os requisitos establecidos nestas bases.

Non poderá participar no sorteo o persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia nin os seus respectivos cónxuxes ou parellas de feito,así como os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade. Tampouco poderán participar os empregados da coprodutora do programa CTV, S.A. nin o persoal de empresas que presten servizos no programa Luar, nin os seus respectivos cónxuxes e os seus familiares ata segundo grao de consanguinidade e afinidade.

 

Duración do concurso

A partir da emisión en directo do programa “Luar” do 3 de abril de 2020 e en programas sucesivos mentres duren as condicións especiais polo estado de alarma.

As bases estarán publicadas durante a duración do concurso na páxina web da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Premio

A persoa que conteste correctamente á pregunta recibirá como premio UN XAMÓN que será enviado ó domicilio que indique dentro da comunidade autónoma de Galicia.

A persoa que resulte gañadora deberá facilitar á Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. os datos necesarios para proceder a entrega do premio.

O gañador ten dereito a renunciar ao premio gañado, pero non poderá, en ningún caso, cambialo por outro distinto.

O premio estará suxeito á correspondente retención do IRPF, de ser o caso.

 

Protección de datos

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD), a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento, cumprimento do concurso e entrega do premio, de ser o caso. Para poder facer entrega do premio os seus datos persoais poderán ser cedidos a terceiros con esta única finalidade.

Informámoslle que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG (Bando-San Marcos, s/n. 15820. Santiago de Compostela), ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.


Disposicións xerais

1) Os participantes ceden á CORPORACIÓN RTVG os seguintes dereitos sobre a gravación audiovisual que recolle a súa participación no programa: de explotación, reprodución e distribución en calquera soporte, e comunicación pública por televisión, calquera que sexa a modalidade técnica empregada, ondas de terra, cable, satélite, libre codificada ou de pagamento, incluído o pagamento por visión (PPV), televisión por protocolo de internet (IPTV), o vídeo á demanda, o vídeo case á demanda, televisión de mobilidade e calquera outra coñecida, por internet e demais redes de telecomunicación informática e de telefonía.

Os anteriores dereitos serán cedidos na medida en que os require o Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, clarexando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia, para todos os países do mundo, polo tempo máximo nel establecido.

2) A participación no concurso supón a plena aceptación destas bases. A Dirección do Programa resérvase o dereito de modificar ou suspender o concurso temporal ou definitivamente cando as necesidades de programación e audiencia así o aconsellen.

3)  A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. queda exonerada de toda responsabilidade en caso do mal funcionamento das redes de comunicación que impidan o normal desenvolvemento desta iniciativa por causas alleas a ela e especialmente por actos externos de mala fe.

3)  En caso de dúbida na interpretación do resultado do concurso, recorrerase ao exame exhaustivo das imaxes gravadas e, no seu caso, ao ditame da Dirección do Programa, que será vinculante para os participantes.

4)  En caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas bases prevalecerá o criterio da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

 

En Santiago de Compostela, 2 de abril de 2020