CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do concurso 'A canción do verán'

Bases do concurso 'A canción do verán'

Primeira. Obxecto. A Corporación RTVG a través da súa canle Televisión de Galicia, organiza un concurso en que se premiará á 'Canción do Verán 2017'.

Buscamos a banda sonora deste verán e para iso queremos seleccionar a mellor canción entre as propostas que nos envíen de toda Galicia. As cancións, tanto na parte musical coma na letra, teñen que ser inéditas. A letra ten que ser en lingua galega. Poden ser totalmente orixinais ou versións doutras e deben contar neste caso coas autorizacións dos titulares dos dereitos. A temática da canción é libre.

Así mesmo, tamén poderán enviar xunto coa canción un videoclip dela.

O aspirante, ao enviar o formulario de inscrición, autoriza expresa, irrevogable e de maneira gratuíta á Corporación RTVG para que poida, directa e/ou indirectamente, reproducir e comunicar publicamente a obra musical que resulte seleccionada como gañadora, ben de maneira conxunta ou ben individualmente, e aos efectos enunciativos, pero non limitativos en calquera medio radiofónico e/ou de radiodifusión (analóxicos, dixital, cable, TDT, etc.), tanto para streaming como descargables- de audio e/ou vídeo dixital en Internet e, en todo caso, en calquera medio que sexa estimado beneficioso para a difusión da 'Canción do Verán 2017'.

Ademais, os artistas que envíen as súas cancións para participar no concurso, deberán acreditar a autorización de todos os autores da letra e música da canción que propoñan.

No caso de que o/s participante/s sexa/n menor/es de 18 anos, deberá/n contar coa autorización expresa dos seus titores legais.

Cada participante (grupo ou solista) tan só poderá presentar unha canción.

Non poderán participar no concurso o persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A, os seus respectivos cónxuxes e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade.

Segunda. Forma de participación.

Características do proxecto:

  • Canción dunha duración non superior a 3 minutos, cantada en lingua galega.

Documentación que teñen que presentar os participantes:

  • Audio en formato "mp3", e no caso de presentar videoclip, en formato "mp4"

Terceira. Desenvolvemento do concurso.

A canción coa documentación requirida, terá que ser enviada ao correo electrónico canciondoveran2017@crtvg.es en formato “.mp3” e dentro do prazo de presentación de solicitudes. No correo electrónico deberá constar o seu nome, apelidos, D.N.I., teléfono de contacto e dirección completa tanto do intérprete coma do compositor e/ou letrista, no caso de non ser o mesmo.

Unha vez rematado o prazo de entrega, levarase a cabo o proceso de selección do gañador do concurso, aínda que existirá unha lista puntuada ata o quinto posto. O xurado estará composto por 3 persoas designadas pola dirección da Corporación Radio e Televisión de Galicia. A composición do xurado será publicada na páxina web www.crtvg.gal.

O xurado, terá en especial consideración á hora de elixir o gañador:

  • A orixinalidade
  • A calidade técnica
  • O acompañamento dun videoclip.

Cuarta. Presentación de propostas.

Dende 27 de maio ao 20 de xuño de 2017, ambos incluídos.

Quinta. Premio.

O concurso está premiado cunha dotación económica de 1.000 euros, suxeita á correspondente retención do IRPF. A organización resérvase a opción de declarar deserto o premio, no caso de falta de calidade nos proxectos.

O gañador do premio coñecerase o 23 de xuño do 2017. Publicarase na páxina web da Corporación RTVG.

O gañador deberá acreditar, denantes de recibir o premio, que cumpre os requisitos de participación esixidos nestas bases.

En caso de incumprimento destes requisitos, imposibilidade de contactar co gañador ou de rexeitamento do premio por parte deste, será seleccionado como novo gañador o seguinte clasificado.

Sexta. Dereitos Cedidos.

Os autores e intérpretes das cancións presentadas autoriza á Corporación RTVG a empregar a canción e o videoclip. A Corporación RTVG poderá realizar a comunicación pública en calquera programa, promoción ou na páxina web, de forma completa ou fraccionada.

Sétima. Contido das cancións.

As letras das cancións e o videoclip respectarán os principios xerais de programación que rexen nos medios dependentes da Corporación RTVG, e que son os aprobados polo Consello de Administración da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., na súa sesión do 12 de maio de 1986, así como a lexislación relativa ao dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar, á propia imaxe e á protección de menores.

Serán rexeitados os que incumpran dita normativa, así como os que incumpran uns criterios de calidade mínimos.

Oitava.- Aceptación das bases.

A participación no concurso supón a aceptación na súa totalidade das presentes bases que poden ser consultadas polos participantes na páxina web www.crtvg.gal.

O organizador resérvase o dereito de retirar ou modificar a mecánica do concurso á súa enteira discreción, para o cal informará pertinentemente a través dos mesmos medios en que se publicitou o concurso, modificando as bases, se o considerara oportuno.

En caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas bases, prevalecerá o criterio da Corporación RTVG.

Novena.- Protección de datos de carácter persoal.

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase aos participantes de que os seus datos pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da Corporación RTVG para o tratamento e rexistro dos datos, cuxa finalidade é a xestión do presente concurso.

Ponse, ademais, en coñecemento dos participantes que os seus datos persoais se publicarán na Corporación Radio e Televisión de Galicia e na web, actividades para as que aqueles prestan expresamente o seu consentimento.

O organizador comprométese a respectar a confidencialidade dos datos facilitados e a empregalos conforme á finalidade dos ficheiros, podendo os participantes exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, así como revocar o consentimento para a cesión, comunicándoo previamente ao organizador por medio de correo postal ou por medio de correo electrónico, á atención do Responsable de seguridade.

Décima.- Exención de responsabilidade por mal funcionamento da rede.

A Corporación RTVG queda exonerada de toda responsabilidade no caso de mal funcionamento das redes de comunicación telemática que impidan o normal desenvolvemento desta iniciativa por causas alleas e especialmente por actos externos de mala fe. Tampouco será responsable a Corporación RTVG dos problemas de transmisión ou perda de datos non imputables a esta.