CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag diario. 3ª temporada (29/11/2011)

29/11/2011 20:00 h

 O programa “ZigZag Diario” terá hoxe como tema central a feira de industrias culturais Culturgal, que esta fin de semana afronta en Pontevedra a súa cuarta edición como a máis completa, diversa e integradora, con 130 actividades e 73 expositores. María Solar conversará co director da feira, Sergio Lago, quen achegará as claves deste escaparate da cultura, onde estarán presentes un amplo abano de segmentos, como o audiovisual, a edición, o teatro, a música, o deseño, a danza ou as novas tecnoloxías.

 Por outro lado, o espazo da tvG2 visitará no Museo Gas Natural Unión Fenosa, na Coruña, a exposición “Fragmentos para una cronotografía del simulacro. Trajines, traídas y faenas de Jordi Bernadó”, una ampla mostra do fotógrafo ilerdense que trata de rastrear a relación complexa que o artista establece co territorio e o espazo en que se desenvolveu a cultura occidental.

 “ZigZag Diario” tamén se achegará ao espazo Normal da Coruña para coñecer a historia de amor de Marcela e Elisa, xa que unha exposición lembra as dúas mestras que  casaron en 1901, facéndose pasar unha delas por home, converténdose nas primeiras mulleres en contraer matrimonio na España moderna e causando un grande escándalo na sociedade da época.

 Ademais, o programa dará conta do proxecto “Elas... as artistas”, que pretende apoiar e dar a coñecer o traballo das alumnas formadas na Facultade de Belas Artes de Pontevedra que queren comezar a súa carreira profesional neste campo. Unha atípica exposición en lonas polas rúas de Vigo e unha serie de reprodución de obras de arte en postais son algunhas das accións desta iniciativa.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: