CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag diario. 3ª temporada. (24/10/2011)

24/10/2011 17:00 h

O convidado na edición desta tarde de “ZigZag Diario”, dedicada como cada luns aos libros, será o ilustrador David Rubín, recoñecido como o mellor debuxante español nos Premios da Crítica pola súa obra “El héroe”, que ofrece unha revisión do mito de Heracles cunha reflexión sobre o prezo da fama, o mito e a  publicidade moderna. Ademais, xunto co director Marcos Nine, continúa coa promoción do documental “Radiografía dun debuxante de cómics”, que resume e repasa o ciclo creativo dun dos autores de cómic máis premiados de Galicia.

 Sen perder de vista o xénero da banda deseñada, o programa ofrecerá tamén unha reportaxe sobre a nova libraría “Sindicato del Cómic”, un establecemento especializado en banda deseñada que abriu as súas portas en Ourense no mes de setembro. Aínda que esta iniciativa de dous emprendedores apaixonados do cómic centrará a súa actividade do día a día na venda de artigos vinculados ao mundo do conto, nas instalacións da libraría tamén se contará cun espazo para a organización de actividades.

 Ademais, o espazo da segunda canle da Galega presentará dúas novidades editoriais: “O verbo xido”, unha obra de Carlos Solla que recolle o vocabulario e pretende facilitar a aprendizaxe da linguaxe gremial dos canteiros na zona de Terra de Montes; e “Carabranca”, un libriño escrito e ilustrado por Iván Sende, caracterizado por unha fermosura onírica que nos devolve aos nenos que sempre fomos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: