CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag diario. 3ª temporada (16/11/2011)

16/11/2011 16:00 h

Nunha nova edición dedicada á música, o programa “ZigZag Diario” terá hoxe como convidado a Óscar Fernández, integrante do grupo ferrolán de música tradicional “Os Cempés”, que se dispón a gravar un novo disco, un CD que sairá á luz a vindeira primavera e que lle servirá á formación para celebrar o seu vixésimo aniversario.

 O espazo da tvG2 ofrecerá tamén unha reportaxe sobre os grupos galegos, como Erin e Kaixo Sama, que participan na novena edición do Microfest, un dos eventos máis importantes do norte peninsular dentro da escena do hip hop. O festival de cultura urbana máis consolidado de Galicia aposta sempre por un programa variado e heteroxéneo, tanto pola multitude de actividades que se desenvolven coma pola confluencia de artistas consolidados de grande éxito.

 Ademais, “ZigZag Diario” falará cos compoñentes do grupo Super F, xurdido das cinzas de Dr. Funkstein, catro de cuxos membros decidiron volver reunirse para facer rock & roll directo, sen trucos nin artificios. Esta banda bebe de moitas fontes, desde o funk-rock ata o máis xenuíno rock & roll, pasando por buscar a canción pop perfecta e sempre coa sombra do blues, o que lle dá un son persoal e intransferible.

 

Atopar capítulo por: