CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag diario. 3ª temporada (14/12/2011)

14/12/2011 16:30 h

A actualidade musical será hoxe protagonista no programa “ZigZag Diario”, que contará coa presenza no estudo do guitarrista e compositor Isaac Garabatos, guitarra española da agrupación Xardín Desordenado, que presentou o seu primeiro disco en Vigo, unha proposta que pon música a poemas de autores galegos de todos os tempos e que ten como obxectivo promover a poesía galega.

 O espazo da tvG2 dará conta da última proposta do ciclo de concertos “Placeres Ocultos”, organizado pola asociación Desconcierto Cultural para presentar propostas marxinais e afastadas dos circuítos convencionais pero non exentas de talento. O ciclo péchase este domingo no Cachán Club de Santiago, con tres das referencias de AMDISCS, un dos selos independentes de moda: os portugueses Sensible Soccers, os checos Tempelhof e o norteamericano Sean Bowie, máis coñecido polo seu alter ego Teams.

 Por outro lado, “ZigZag Diario” achegarase ao labor docente desenvolvido desde hai 25 anos por Estudio Escola de Música, un centro compostelán que acolle a persoas de todas as idades, procedentes de todo o territorio galego, que desexan adquirir, incrementar ou perfeccionar coñecementos musicais.

 Ademais, o programa visitará as instalacións de Producciones Mutantes, unha produtora audiovisual pontevedresa especializada en vídeos musicais, que ten realizado traballos para formacións como Sanford Music Factory, Breakin´ Bones, Pedrito Diablo y los Cadáveras e Thee Blind Crows.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: