CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag diario. 3ª temporada (04/11/2011)

04/11/2011 16:30 h

 

          As artes escénicas asomaranse un venres máis á fiestra que cada tarde abre á cultura o programa “ZigZag Diario”, que hoxe ofrecerá unha entrevista coa bailarina e coreógrafa Rut Balbís, directora da compañía Pisando Ovos, cuxas propostas escénicas buscan explorar os límites do corpo para así encontrar rexistros novos e persoais. Balbís falará, entre outros temas, da súa participación no proxecto colectivo Seis de Catro, un experimento en que se cruzaron seis artistas de catro das compañías de danza máis importantes de Galicia.

 

            O espazo da tvG2 ofrecerá tamén unha reportaxe sobre a compañía galega Inversa Teatro, fundada e dirixida por Marta Pérez, que fundamenta o seu traballo na convivencia de diferentes campos artísticos: artes escénicas, audiovisual, música e artes gráficas. Inversa opta por un teatro contemporáneo e de improvisación onde poder desenvolver textos de dramaturgos galegos contemporáneos.

 

         Entre as obras en cartel nos escenarios galegos, “ZigZag Diario” recomendará “E.R. Algún día trabajaremos juntas”, cuxos temas centrais son o medo ao paso do tempo, ao fracaso, á soidade ou á morte; e “Le Frigo”, de Mundo Villalustre, un retrato dun tempo saturado de imaxes e soidade que constitúe unha das máis fascinantes propostas de interpretación do teatro contemporáneo

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: