CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag diario (23/10/2012)

23/10/2012 16:30 h

Entrevista ao arquitecto Jesús Conde, gañador do Premio Juana de Vega de Arquitectura pola rehabilitación dunha vivenda en plena zona histórica de Santiago, un proxecto que mantivo a fachada principal e abriu o interior a un patio que dá luz a toda a casa.

Visita na Coruña á exposición “15 cuentos breves y extraordinarios”, coa que a Fundación María José Jove culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade. A mostra xira arredor da relación que persoas con diferentes niveis de discapacidade intelectual establecen con obras de arte contemporánea e cos seus respectivos autores.

No CGAC, en Santiago, a exposición “Eugenio Granell e o cine”.

Atopar capítulo por: