CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag Diario (23/02/2012)

23/02/2012 16:30 h

O convidado do programa “ZigZag Diario” será hoxe o doutor en Historia do Cine e Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago Xosé Luís Castro de Paz, quen falará de Luis García Berlanga, un dos cineastas máis sobresalientes da cinematografía española. A través desta entrevista, os espectadores poderán achegarse ao libro “Los cuadernos inéditos de Berlanga”, que recolle cadernos de traballo e borradores en que o xenial director deixa mostras das súas lecturas, dos seus gustos artísticos, das súas preocupacións morais e reflexións sobre o propio feito da creación artística.

 O espazo da tvG2 tamén conversará esta tarde co realizador galego Alberte Pagán, que pertence a unha xeración que ten en común a súa vinculación coa importante actividade desenvolta no Carballiño no sector audiovisual. Pagán é autor de varios textos sobre cinema e como director fixo películas como “Pó de estrelas”, “As waslala, Bs. As.”, “Como foi o conto” ou “Eclipse”.

 Ademais, “ZigZag Diario” fará balance do que deu de si a XXVI edición dos Premios Goya, que tivo como gañadora a película “No habrá paz para los malvados” e onde arrasou a animación galega, cos dous premios da longametraxe “Engurras” e o galardón conseguido pola curta “Birdboy”.

Atopar capítulo por: