CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag Diario (21/06/2012)

21/06/2012 16:30 h

“ZigZag Diario” centra a súa achega á actualidade cinematográfica nas curtametraxes, un xénero en que se aventurou o director da serie “Matalobos”, Jorge Saavedra, que será o convidado do programa. Con “Mr. Smith & Mrs. Wesson”, produción de acción rodada integramente en Galicia, presenta unha historia de amor nun mundo cheo de perigos e de inimigos temibles.

    O espazo da tvG2 tamén se achega á curtametraxe en clave de comedia “La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa”, gravada entre A Coruña e Santiago e que contou coa participación de máis de 200 persoas. O primeiro traballo da realizadora Iria Ares respira do surrealismo e sitúa en escena un proxeneta que quere facer negocio porque a unha das súas traballadoras lle acontecen cousas sobrenaturais.

    Ademais, o programa visita en Monforte as instalacións da produtora independente Amanita Films, que busca realizar proxectos con novos creadores, con especial atención aos profesionais galegos. O seu interese principal enfócase cara á produción tanto de ficcións coma de documentais, atendendo sempre a un criterio de innovación.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: