CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag diario (17/02/2012)

17/02/2012 16:30 h

O programa “ZigZag Diario” falará hoxe con Carlos Álvarez-Ossorio, director de “Mujer muerta caminando”, unha nova proposta escénica da compañía galega Cámara Negra a partir dos textos da novela “El idiota”, de Dostoievski. Álvarez-Ossorio deixa nu o espazo escénico para que o público observe, como se se tratase dun voyeur, a rabia e as feridas dun triángulo amoroso que trata de defender a súa dignidade.

 O espazo da tvG2 achegarase tamén á montaxe “Paper Dolls. O silencio das damas”, unha proposta de Inversa Teatro que hoxe se estrea en Santiago. Este proxecto experimental une a obra teatral que leva o mesmo título e que dirixe Lola Correa e un documental, dirixido por Manu Paz, sobre o propio proceso de creación da peza teatral. As actrices Vanessa Sotelo e Marta Pérez recrean as paisaxes da vida de dúas mulleres calquera para levar o espectador a reflexionar sobre como foi e como é a situación da muller na sociedade.

 Por outro lado, “ZigZag Diario” ofrecerá un avance de “Amores Prohibidos”, un novo proxecto de creación sobre Romeo e Xulieta a cargo da compañía galega Chévere, inmersa tamén na xira galega da súa última produción, a premiada “Citizen”, unha proposta inspirada na obra de Orson Welles que amosa a evolución dun país, a incidencia da globalización e o transcorrer do tempo.

 Para rematar, o programa recuperará do arquivo da Televisión de Galicia o sketch que en 1994 realizou o dúo humorístico Mofa e Befa sobre a mítica figura do recentemente falecido Frank Braña, coñecido polas súas fugaces aparicións como actor ou como especialista nos spaguetti-western e noutras películas de serie B.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: