CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag Diario (16/03/2012)

16/03/2012 16:30 h

A bailarina Mónica García será hoxe a convidada do programa “ZigZag Diario”, a onde acudirá para falar da súa última proposta escénica, “La velocidad de las cosas”, un só de danza que utiliza a escena como dispositivo de confesión e ao mesmo tempo como exercicio de auto-enunciación.

 O espazo da tvG2 conversará tamén coa coreógrafa madrileña Carmen Werner, unha das lendas vivas da danza do noso país, que presenta estes días xunto a Daniel Abreu no Teatro Ensalle de Vigo “Eternos”, unha coreografía sobre o tema da morte.

 “ZigZag Diario” tamén recomendará esta tarde a oitava edición do festival “Isto Ferve”, unha selección de traballos escénicos contemporáneos que presenta Ensalle. Entre eles destacará “Conversación en rojo”, unha peza da compañía Mangrinyana, escrita e dirixida por Antonio Fernández Lera, que presenta tres vellos amigos que se atopan outra vez.

 O programa tamén se achegará a “Baleadas”, unha peza escénica pedagóxica de Traspediante, con danza e animación visual en directo. A montaxe inspírase no poemario “Balea2” de Estevo Creus e supón un xogo permanente entre as baleas, as cores e o público.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: