CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag diario (16/01/2012)

16/01/2012 16:30 h

 O espazo cultural “ZigZag Diario” ofrecerá esta tarde unha entrevista co escritor e xornalista Henrique Alvarellos, quen falará do seu labor desde 2004 como director de Alvarellos Editora. Nesa data tomou o relevo de seu pai á fronte dunha das empresas de edición máis veteranas de Galicia, que, durante os seus primeiros anos de vida, contribuíu activamente a impulsar o rexurdimento cultural que vivía o país, e que na actualidade deu xa o salto ao mundo dixital e á xestión cultural.

 Por outro lado, o programa da tvG2 presentado por María Solar,adiantará os actos conmemorativos que ten previsto levar a cabo a Fundación Rosalía de Castro durante este ano con motivo do 175 aniversario do nacemento da escritora. A primeira destas iniciativas foi unha edición especial de botellas de auga Cabreiroá, co obxectivo de reflectir e divulgar a figura deste referente cultural da nosa terra.

 Entre as novidades literarias do momento, “ZigZag Diario” recomendará hoxe “Un soño na bandexa”, de Mariné Lorenzo Corcoba, un fermoso álbum que conta o que pasaría se un día se nos dese por pedir cousas moi especiais a un camareiro disposto a soñar con nós; e o último poemario de Marta Dacosta, “Acuática Alma”, editado por Espiral Maior.
 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: