CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Teatro: Eurozone; Waltz; Gaivotas subterráneas; Ser En

15/02/2013

Entrevista ao actor e director Xesús Ron, do grupo Chévere, que a semana que vén estrea “Eurozone”, un thriller político sobre a fin da idea de Europa, ambientado na fonda crise actual do sistema. 

 "Voadora" achégase á natureza poliédrica do amor con “Waltz”, un conto que fala de namoramentos e de rupturas, da vida compartida e da lembranza de amores perdidos. 

 No teatro en cartel, “Gaivotas Subterráneas” crea unha inquietante atmosfera arredor da relacións de dous vellos amigos, que lle permite ao espectador gozar dun duelo interpretativo entre dous dos actores galegos do momento: Luís Iglesia e Xabier Deive.

 “Ser En”, un recital do grupo Ouriol e a poeta Eva Veiga que quere reflexionar, a través da música e da palabra poética, sobre a nosa condición existencial e sobre o propio feito creativo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: