CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag diario (10/01/2012)

10/01/2012 16:30 h

O programa “ZigZag Diario” conversará esta tarde co fotógrafo Xosé Reigosa, cuxas instantáneas realizadas no hospital psiquiátrico San Rafael de Castro se poden ver na exposición “Entre Marbella e Torremolinos”, na Deputación de Lugo. A mostra amosa ao detalle a simboloxía da desesperación, do esquecemento e do afastamento.

 O espazo da tvG2 visitará tamén no Marco de Vigo a exposición “Entrar na obra. Perder(se) nela”, en que a artista pontevedresa Amaya González exhibe doce obras de recente produción, coas que pretende dar conta de que o intento de plasmar unha idea pode ser máis gratificante có resultado final.

 Ademais, “ZigZag Diario” dará conta do último proxecto do artista visual vigués Pedro Sardiña, quen está a preparar un diario gráfico en que recolle unha historia escrita cada día a partir da lectura do I-Ching, un libro relativo ao oráculo chinés que se cre que está escrito sobre o ano 2.400 a. C.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: