CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag Diario (09/04/2012)

09/04/2012 16:30 h

Como cada luns, a escena literaria galega será hoxe protagonista no programa “ZigZag Diario”, que terá como convidado o ilustrador David Pintor, referente do humor político na prensa co tándem Pinto & Chinto. Pintor falará das últimas obras que contan coas súas ilustracións: “Almanaque Musical”, un libro de poemas que evoca os 12 meses do ano; “Camiño de Santiago”, onde plasma os lugares máis emblemáticos desta ruta; e “Os Xogos Olímpicos de Ningures”, a última entrega xunto a Carlos López no eido da literatura para rapaces, onde fabulan coa cara máis humorística do deporte.

    O espazo da tvG2 tamén falará co escritor e xornalista Alfonso Eiré, que acaba de publicar “O penalti de Fuco”, un ensaio literario sobre o mundo do fútbol. Cinco minutos de partido centran unha novela en que se incide especialmente na transformación dun deporte nunha mercadotecnia posta ao servizo dos intereses económicos que esta práctica xera na actualidade.

    Outras novidades literarias que “ZigZag Diario” lles presentará esta tarde aos espectadores serán o primeiro traballo publicado de Natalia Carou, “O alento nas costas”, que alterna o mundo real coa época medieval reflectida a través dos soños; e as “Dramatículas” de Afonso Becerra, a medio camiño entre un libro de contos e un de poemas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: