CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag Diario (08/11/2012)

08/11/2012 16:30 h

“ZigZag Diario” está dedicado de xeito íntegro a vixésimo sexta edición do festival Cineuropa, que a partir de hoxe e ata o vindeiro 30 de novembro encherá de cine independente a cidade de Santiago. O espazo fai un resumo das estreas máis destacadas que ofrecerá o certame, que contará durante este mes con 180 proxeccións en distintas salas da cidade.

    O programa achegarase a un dos títulos máis sobresaíntes dentro do apartado dedicado ao novo cinema galego: a longametraxe documental “Arraianos”, dirixida por Eloy Enciso. Para iso, “ZigZag Diario” contta coa presenza no estudio de gravación de Beli Martínez, produtora asociada dun filme que se sitúa na raia da non ficción, que se move entre Galicia e Portugal e que lle saca toda a forza interpretativa a actores non profesionais a partir do texto “O Bosque”, de Xenaro Marinhas del Valle.


       No programa fálase ademáis do documental “Fóra”, de Pablo Cayuela e Xan Gómez, que tamén se proxectará en Cineuropa e que explora a historia do manicomio de Conxo, desde os documentos que reflicten a súa fundación ata os conflitos máis recentes.

    Ademais, “ZigZag Diario” debuxa un perfil de Pedro Costa, director portugués a quen se lle entregará este ano o Premio Cineuropa. O realizador, considerado un innovador, é aplaudido por usar o seu estilo ascético para retratar xente marxinada en situacións de vida desesperadas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: