CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag Diario (03/10/2012)

03/10/2012 16:30 h

O programa “ZigZag Diario" ten como convidado a Germán Fandiño, coñecido como Tony Lomba, un “crooner” impúdico que o dá todo enriba do escenario e a quen se pode ver interpretar coa mesma paixón temas de, entre outros, Raphael, Marvin Gaye, Vicente Fernández ou Nino Bravo. Fandiño fala do seu último espectáculo, “Tony Lomba y su atril”, co que convida a deixarse levar pola canción “hortera”.

    A sección “Fondos Reservados”, a cargo de Moncho Lemos, está precisamente dedicada ao “revival” que está a vivir o xénero “crooner”, denominación que se aplica a certos cantantes masculinos de voz grave que interpretan un tipo concreto de baladas.

    Por outro lado, o espazo presentado por María Solar ofrece unha reportaxe sobre o Coro da Ra, unha agrupación vocal “a capella” que utiliza o teatro e a performance para cantar en calquera situación, ofrecendo intervencións sorpresa polas rúas das cidades. Fundado en 1993 ao abrigo da Escola de Música Estudio, o seu repertorio musical vai desde o soul ao jazz, pasando pola samba ou a música étnica.

Atopar capítulo por: