CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Zigzag Diario (02/10/2012)

02/10/2012 16:30 h

O programa “ZigZag Diario” recibire a visita do medievalista Xosé Manuel Sánchez, comisario da exposición “Códices. Xoias das catedrais galegas na Idade Media”, que se pode visitar na Cidade da Cultura e que reúne por primeira vez baixo o mesmo teito 12 códices orixinais de entre os séculos IX e XV cun gran valor para o patrimonio biográfico e documental galego, como o Códice Calixtino.

    O espazo tamén visita a exposición fotográfica “MusiCalidades”, que se pode ver no Centro Cultural e Social Ágora da Coruña e que recolle as imaxes dunha iniciativa artística singular: máis de 50 músicos e artista de todo tipo orixe e condición pechados nas habitacións dun hotel compostelán pola fotógrafa Sue Rainbow, baixo a dirección artística de Paco Gallego.

    Por outro lado, “ZigZag Diario” entra no obradoiro do veterano fotógrafo lucense Carlos Valcárcel, cuxa obra, profusamente galardoada, ten vernices de Cartier Bresson e un fondo paralelismo coa obra da norteamericana Ruth Matilda Anderson.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: