CRTVG

Buscar

Sopa de festa

XXXVI Festa do Requeixo de Cotobade

22/06/2015 23:30 h

A parroquia de San Gregorio de Corredoira celebra desde 1980 a festa de exaltación do requeixo, un produto que goza de gran sona na contorna e co cal, a través da súa venda, sufragan os gastos das festas na honra de Santa Bárbara e San Antón. 

Por toda esta tradición na comarca, as cámaras de “Sopa de Festa” non quixeron perderse este evento, non sen antes visitar a Isabel Rodríguez, unha veciña que explicará o xeito máis artesán de facer o requeixo e, sobre todo, onde está verdadeiro segredo da receita.

Por otro lado, da man do presidente da Asociación Amigos do Requeixo, Moisés Fraguas, o programa coñecerá a tradición desta festa e como este produto foi un motor económico da parroquia durante moitos anos. 

Por último e como non podía ser doutro xeito, “Sopa de Festa” compartirá cos espectadores toda a xornada de troula que se viviu na parroquia. Visitantes e veciños non deixaron de pasar polo campo da festa para mercar e catar o bo requeixo da zona, ademais de compartir unhas boas racións de polbo e de churrasco. 

Atopar capítulo por: