CRTVG

Buscar

Premios María Casares

XXI Premios de Teatro María Casares

29/03/2017 23:59 h

Cerimonia de entrega dos catorce galardóns en que se dividen os premios, cun total de trece espectáculos finalistas nas diferentes categorías. 

“O tolleito de Inishmaan”, de Contraproducións e FIOT Carballo; “Eroski Paraíso”, de Chévere; “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro, e “Voaxa e Carmín”, de ButacaZerto e Eme2 son as producións con maior número de candidaturas.  Ademais, o director e dramaturgo Eduardo Alonso recibirá o Premio de Honra Marisa Soto.

O actor e monologuista Pepo Suevos conducirá a cerimonia, que contará tamén coa intervención dos actores e actrices Silvana Couñago, Marta Lado, Roberto Leal, Alberto Rolán, Patricia Torres e Josito Porto,  e con música en directo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: