CRTVG

Buscar

Eirado

Xosé Ramón Mariño Ferro e o San Xoán / María Pereira e a exposición sobre o Orinoco / Héitor Mera Herbello sobre Bernardino Graña

23/06/2013

Entrevista a un dos máis recoñecidos antropólogos galegos, Xosé Ramón Mariño Ferro, sobre a noite de San Xoán, unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e folclore que agocha a nosa cultura.

A directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, María Pereira presenta a exposición “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido”, unha homenaxe excepcional ás 12 etnias que habitan o Amazonas venezolano”.

No tempo dedicado aos libros, “Bernardino, mariñeiro do verbo”, de Héitor Mera Herbello, que busca dar unha visión xeral da vida e da obra de Bernardino Graña, un dos autores máis importantes da literatura galega contemporánea.

Mon Santiso visita o obradoiro de Baldomero Pestana, artista plástico lucense cunha relevante traxectoria internacional. Ademais, o programa achégase ás “Comedias frescas” de Mariana Carballal, espectáculos de microteatro no espazo compostelán A Regadeira de Adela; e fala da curtametraxe “Moc”, un agudo drama cheo de connotacións humorísticas que se proclamou gañador no festival 48 Hour Film Project.

Na sección cinematográfica analizarase o auxe das series web, que atoparon o seu mercado e están a triunfar no territorio galego; e a música corre a cargo de Lou Reyes y Los Astros.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: