CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Manuel Lorenzo Baleirón / Antonio García Teijeiro / Libraría Biblos en Betanzos

23/09/2013 21:00 h

Entrevista co escritor Manuel Lorenzo Baleirón co gallo da publicación do seu libro "Sen agardar a Ulises. Vida de Rosalía"

Por outro lado, o programa achegarase ao último libro de poesía para nenos de Antonio García Teijeiro, “Un rato díxolle á lúa”, unha antoloxía dos seus 25 anos dedicados á literatura infantil. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez, a poesía de Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade.

Ademais, “ZigZag Diario” visitará unha nova libraría que abriu as súas portas este verán en Betanzos, Biblos, a última proposta dun proxecto editorial que medra e que fixo xa dez anos. Un dos seus creadores, Tucho Calvo, falará da programación e das actividades dunha libraría que pretende converterse nun piar máis da actividade da editora e tamén nun punto de referencia na dinamización cultural da vila. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: