CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Xosé Manuel, criador de coellos / Xesús, facedor de sidra / Borja e Lorena, atopan e cociñan cogomelos

20/04/2015 23:15 h

“Cos Pés na Terra”, un programa onde homes e mulleres, sobradamente preparados, demostran que hai futuro máis alá das cidades e amosan a súa opción inequívoca de quedar no campo, sementará hoxe coellos na compaña de Xosé Manuel, criador desta especie tan difícil de ver hoxe en día nos nosos montes.

Os espectadores tamén verán como Xesús elabora a súa sidra con mazá “Rabiosa de Callobre”, unha bebida feita cunha materia prima capaz de amansar as feras. E, para rematar, o programa mirará por onde pisa, o mesmo que ten que facer Borja para atopar cogomelos. E que ten que facer Lorena? Pois botarlle imaxinación para que os fungos cheguen a ser as estrelas da mesa.

Atopar capítulo por: