CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Xoias monumentais

08/02/2014 15:30 h

   O programa percorre os conxuntos arquitectónicos e artísticos máis destacados do patrimonio galego.

   O equipo acode á Catedral de Tui, o máximo expoñente da riqueza artística da cidade, construída en pleno esplendor da arquitectura románica, e a de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional en 1902 e denominada "catedral axeonllada" polas súas perfectas proporcións e escasa altura.

   Os reporteiros e as reporteiras visitan os conxuntos catedralicios de dúas cidades do interior galego. Así, coñecemos polo miúdo a catedral de Santa María de Lugo, que posúe unha rica mestura de estilos arquitectónicos; e a catedral de Ourense, o edificio medieval máis relevante do románico tardío galego, despois da de Santiago, e coñecida polo seu espectacular cimborio gótico, polo Pórtico do Paraíso e pola capela do Santo Cristo.

   En Santiago, o interese céntrase no convento e a igrexa de San Francisco e en San Martiño Pinario, o máis grande e influente dos mosteiros beneditinos de Galicia e o segundo en tamaño de toda España, despois do Escorial.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: