CRTVG

Buscar

Alalá

Xochilmica

16/06/2008 22:05 h

Parécevos complicado o nome? Cando lle puxeron o nome a este grupo, os cinco rapaces que forman Xochilmica buscaban algo único, algo que só os representase a eles, algo que cando o puxeran nun buscador de internet non dese máis que ese resultado. E o seu son é tan único como o nome.

Neste Alalá tentaremos descubrir a que soa Xochilmica. Porque a pesar de que tocan os mesmos instrumentos que se poden atopar nunha murga tradicional, o resultado é totalmente diferente. Cunha gaita, un acordeón, un tamboril, un bombo con pratos e un saxofón conseguen un son totalmente novo, elegante e divertido.

Os cinco “xochilmicos” viviron desde nenos a música tradicional e acabaron coincidindo en Santiago, na Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos. Desde que se xuntaron e formaron o grupo, todo foron éxitos. En poucos anos fixeron un feixe de cousas: gañaron o Certame de Música Folk de Radio Obradoiro e gravaron o seu primeiro disco: Cinco Elementos. Gañaron no festival de Ortigueira e no de Lorient e agora acaban de presentar o segundo disco: Carta Branca.

Escoitade e a ver se vós descubrides a que soa Xochilmica.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: