CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Xerardo Quintiá / “Cadros dunha exposición” / “Catalá Roca en Compostela”,

08/06/2015 21:00 h

 “ZigZag Diario” conta coa presenza do poeta e narrador friolés Xerardo Quintiá, que presenta o seu libro “O viaxeiro Radical”, da editorial Galaxia. A novela está inspirada na figura do artista alemán Manfred Gnädiner, conta a historia dun home que decide vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición. 

 O programa faise eco de dúas publicacións. O libro CD que acaba de presentar a editorial Kalandraka “Cadros dunha exposición”. O exemplar contén textos de José Antono Abad e ilustracións de Xosé Cobas e conta a historia de Ocazul, quen pasea polo museo de San Petesburgo contemplando as obras do artista Viktor Hartman. E o libro de fotografías titulado “Catalá Roca en Compostela”, en que o fotógrafo catalán Catalá Roca tenta mostrar a súa experiencia na capital galega. 

 

 

Atopar capítulo por: