CRTVG

Buscar

Contraportada

Xerardo Fernández Albor: 100 anos

09/09/2017 15:15 h

Tras cumprir o pasado xoves 100 anos de idade, o ex presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor ofrece hoxe unha entrevista en exclusiva no programa da Televisión de Galicia “Contraportada”. O primeiro presidente do goberno autonómico contará como transcorreu a súatraxectoria política e humana e como pasou de ser un médico de recoñecido prestixio amandatario galego.

Na reportaxe de “Contraportada” falarán sobre Albor figuras como o presidente do Goberno, Mariano Rajoy; o actual titular do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo; o ex-vicepresidente da Xunta Xosé Luís Barreiro e diferentes ex-conselleiros que formaronparte do primeiro goberno galego.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: