CRTVG

Buscar

Galegos

Xerardo Fernández Albor

05/04/2014 16:30 h

 O ex presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor é o primeiro convidado no programa de entrevistas da Televisión de Galicia, que leva por título “Galegos” e que presenta o xornalista da TVG Xosé Manuel Vega.

  Fernández Albor, presidente da Xunta desde 1982-87, abriu o ciclo da autonomía galega da man do partido Alianza Popular. Prestixioso médico compostelán e coñecido galeguista coa creación do grupo Realidade Galega,  foi elixido por Manuel Fraga no seu día como candidato á Xunta, que gañou por maioría en dúas eleccións democráticas. Tamén viviu momentos convulsos cando todo o seu goberno, aliado coa oposición, lle presentou unha moción de censura que deu paso á presidencia do socialista Fernando González Laxe. Albor ten no seu extenso currículo tamén un gran coñecemento do exterior, coas súas estadías sobre todo en Alemaña, e foi eurodeputado polo Partido Popular.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: