CRTVG

Buscar

Xente con xente

Capítulo 10: "Nas fronteiras do Couto Mixto, Castromil e Goián"

03/12/2011 17:15 h

Para unirnos nas diferenzas e para saber que teñen en común persoas de moi distintos lugares, “Xente con xente” descobre que ás veces non somos tan distintos como pensamos. Para amosalo, os reporteiros Inma Morandeira e Matías Tarrío guiarannos por lugares e xente que teñen unha relación estreita, como a paixón polo fútbol, as peculiares formas de cocer o pan; lendas e lugares máxicos ou o seu traballo cos produtos da terra.

A través deste fío condutor os reporteiros achégannos os costumes e o día a día de cada lugar, os cantes, os bailes típicos, a destreza entre fogóns e incluso os conflitos que poida haber con outras zonas. Neste contexto, sitúannos hoxe en lugares fronteirizos, “arraianos”, como así se definen, por estar xusto na fronteira entre Galicia e outras zonas, algo que condiciona totalmente a forma de vida do Couto Mixto, de Castromil ou de Goián. 

 Entre Zamora e Ourense viven os veciños de Castromil, onde coñeceremos a panadeira no seu reparto diario, cruzando dun lado ao outro sen apenas decatarse, zamoranos con fala galega e galegos con costumes casteláns; saberemos as particularidades do Couto mixto, pertencente á provincia de Ourense pero que no seu día se declarou independente dos reinos de Castela e Portugal, e precisamente con Portugal teñen moita relación os veciños de Goián, en Tomiño, onde cruzar a liña para tomar un café doutro lado é algo máis que frecuente.

Atopar capítulo por: