CRTVG

Buscar

Alalá

Xan de Vilar

02/02/2011 22:05 h

Descubrimos ó poeta-cantor de Vilar, unha aldeíña que hai no Courel. Este home que durante moitos anos foi o único habitante da aldea, descúbrenos a súa música e unha chea de tradicións que se están a perder nestas montañas. Con el falaremos de tódolos oficios que, en maior ou menor medida foi desempeñando ó longo da súa vída: o de ferreiro, o aproveitamento dos froitos e arbustos, o de carreiro ou o de pastor (coa implicación que tiña o lobo nesta tarefa).

O Vilar está en pé gracias a el, porque Xan é o guardián deste paraíso, el é quen de arranxar as goteiras da Capela ou poñerlle cancelas ó camiño. Entre as curiosidades da súa vida están: o museo cunha ampla colección de trebellos de labranza, que el comparte cos camiñantes que o desexen, e por se isto fose pouco cos seus produtos monta un pequeño mercado enriba dun carro para que os paseos sexan un pouco mais levadeiros.

Falaremos da súa vida, de como quedou el solo alí e non marchou como o fixeron seus irmáns e tódolos veciños, como eran as festas que se facían cando na aldea había case oitenta veciños, o por qué non puido tocar a gaita cando era neno e unha chea de cousas que nos farán reflexionar. Xan é un home pícaro, simpático e moi hospitalario. Os que pasaron algunha vez por Vilar non se esqueceron xamáis deste gran poeta. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: